Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta batel

Campionado Provincial de Bateis da Coruña. O equipo alevín feminino da Esteirana Remo proclámase subcampión provincial e o xuvenil masculino do C.R. Urme proclámase campión

Imaxe
Durante esta fin de semena disputouse na Pobra do Caramiñal o Campionato Provincial de Bateis da Coruña 2024, onde os 4 primeiros clasificados de cada categoría obtiñan o pasaporte para disputar, a vindeira fin de semana, o Campionato Galego da especialidade.   Este campionato disputouse a dúas xornadas. O sábado eran as regatas eliminatorias, con dúas tantas de cinco equipos por categoría, que conseguiran o pase a estas eliminatorias por quedar entre os dez mellores equipos da Liga Galega de Bateis. O domingo as finais, cunha soa regata por categoría, formada polos dous primeiros clasificados de cada tanda eliminatoria do día anterior e, dos terceiros, o que conseguiu o mellor tempo.    A A.D. Esteirana Remo participaba neste campionato cos seus tres equipos femininos (alevín, infantil e cadete) e o equipo alevín conseguiu o subcampionato provincial.   O C.R. Urme pola súa parte competía cos tres equipos masculinos, sub'23, absoluto e xuvenil, este último proclamándose campión pro

Liga Galega de Bateis. Final de Finais

Imaxe
Datos da competición: Regata: Final de Finais da Liga Galega de Bateis Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 4 boias Lugar: Meira (Moaña) Data: 07/04/2024 Hora: 11:00h   No porto de Meira (Moaña) celebrouse a Final de Finais da Liga Galega de Bateis, na que participaban os dous primeiros clasificados de cada categoría, tanto da Zona Norte da Liga como da Zona Sur.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   As remeiras do equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo conseguiron unha das prazas en competición ao quedar primeiras na clasificación final da Liga. Os equipos contra os que disputaron a final foron Bueu e Tirán da Zona Sur e Mugardos da Zona Norte.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   Remaron polo carreiro número 2 e finalizaron no 2º posto, por diante de Tirán e de Bueu, e a pouco máis de segundo e medio de Mugardos. Co