Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

Adquisición de novo material subvencionado por una axuda da Deputación da Coruña

Imaxe
A Deputación da Coruña comunicou o pasado 26 de setembro a aprobación definitiva dunha subvención á A.D. Esteirana Remo para a compra de material de ximnasio e remos.   Con esta axuda a A.D. Esteirana Remo puido mercar tres ergómetros e unha bici estática para completar o material do ximnasio do club e remos de patrón de batel e de traiñeira.    

Colaborando coa ANPA do colexio Ricardo Tobío na organización dunha marathon e andaina

Imaxe
Esta mañá varios dos nosos deportistas veteranos e directivas colaboraron coa ANPA do colexio Ricardo Tobío na organización dunha marathon e andaina na que participaban os alumnos.     A xornada estivo organizada na honra de Kathrine Switzer , a primeira muller que correu a Marathon de Boston no ano 1967, proba que estaba exclusivamente destinada a participantes masculinos. Todos os participantes levaban no dorsal o número 261, que foi o número co que participou Kathrine nesa edición da Marathon de Boston.   Esta proba foi organizada pola ANPA dentro dos eventos relacionados co 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .