Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2024

Liga Galega de Bateis. "V Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal"

Imaxe
Datos da competición: Regata: V Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 6 boias Lugar: Pobra do Caramiñal Data: 31/03/2024 Hora: 10:30h   Nesta xornada da Liga Galega de Bateis estaban inscritos os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo que compiten habitualmente na liga, alevín, infantil e cadete, así como o equipo xuvenil masculino do C.R. Urme.   Equipo cadete. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   O equipo alevín feminino da Esteirana Remo participou na primeira quenda polo carreiro 1. Finalizaron no 5º posto final da categoría cun tempo de 02:44,66, a pouco máis de 7 segundos do equipo vencedor que foi Cabo da Cruz. O equipo infantil feminino tamén competiu pola boia 1, pero na segunda quenda da súa categoría. Marcaron un tempo de 06:58,26 e finalizaron na 13ª posición. En canto ao equipo c

Liga Galega de Bateis. "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia"

Imaxe
  Datos da competición: Regata: XVII Bandeira Santiago Sur Galicia Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 4 boias Lugar: Esteiro Data: 30/03/2024 Hora: 16:00h   Nesta ocasión as condicións meteorolóxicas déronnos un respiro e permitiron que se poidera celebrar a XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis que se tivera que suspender o pasado 10 de febreiro.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Déronse cita en Esteiro un total de 94 tripulacións de todas as categorías, o que significa que case 500 deportistas viñeron a remar a nosa regata. Na proba, pertencente á Liga Galega de Bateis, participaron os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo que habitualmente compiten na liga (alevín, infantil e cadete), xunto con un absoluto feminino e outro masculino.  Tamén participaron o equipo xuvenil, un sub'23 mixto e un absoluto do C.R. Ur

Liga Galega de Bateis. "XXV Trofeo - I Bandeira Cidade de Narón"

Imaxe
  Datos da competición: Regata: XXV Trofeo - I Bandeira Cidade de Narón Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 5 boias Lugar: Narón Data: 28/03/2024 Hora: 16:30h   Os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo acudiron á cita da Liga Galega de Bateis en Narón.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose O equipo alevín feminino competiu na primeira quenda pola boia 2, e finalizou segunda clasificada a tan só 1,2 segundos da primeira clasificada, que foi Cabo da Cruz. O tempo final que fixeron foi de 2:34,31. As infantiles remaron na segunda quenda polo carreiro 5, e finalizaron na décimo segunda posición cun tempo final de 6:40,47.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose As rapazas do equipo cadete competiron pola misma boia que as infantiles, boia 5, na primeira quenda. Finalizaron na oitava posición da xeral da categoría cun tempo de

Sábado 30 de marzo de 2024 ás 16:00h. XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis

Imaxe
O vindeiro sábado 30 de marzo organizaremos a XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis, logo de que se tivera que suspender o pasado 10 de febreiro, data na que estaba encadrada inicialmente no calendario 2024 da Liga Galega de Bateis.     Nesta regata participarán un total de 11 clubs con 94 tripulacións de todas as categorías, o que fai que se concentren o sábado no porto de Esteiro cerca de 500 deportistas.  Cadro de participación na XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis .

Liga Galega de Bateis. "VI Bandeira de Bateis Concello de Ribeira"

Imaxe
Datos da competición: Regata: VI Bandeira de Bateis Concello de Ribeira Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 5 boias Lugar: Ribeira Data: 24/03/2024 Hora: 10:30h   A esta regata a A.D. Esteirana Remo levou tres equipos femininos, o alevín, o cadete e un mixto infantil-cadete debido a que non poideron asistir á regata algunhas das remeiras infantiles.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Tamén participou na regata o equipo xuvenil masculino do C.R. Urme. Na categoría alevín feminina o equipo da Esteirana Remo obtivo unha nova e axustadísima victoria. De feito en menos de catro segundos clasificáronse os cinco primeiros equipos da categoría. O noso equipo competíu pola boia 3 na primeira tanda, e finalizou cun tempo de 02:31,07. O equipo mixto infantil-cadete participou na cuarta quenda pola boia 2. Finalizou a regata cun tempo de 07:06,53