Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Subvención da Deputación da Coruña para a adquisición dunha furgoneta

Imaxe
A Deputación Provincial da Coruña ven de publicar a resolución a través da cal aproba de xeito definitivo unha subvención á A.D. Esteirana Remo para a adquisición dunha furgoneta para o transporte de deportistas e material deportivo.   A axuda aprobada foi solicitada a través do " Programa FO104V-R: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS AOS CLUBS DE REMO DA PROVINCIA PARA ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS DE USO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2022 ", e xa contaba con unha aprobación inicial no 2022 na cal a A.D. Esteirana Remo debería invertir 49.788,21€, dos cales a Deputación subvencionaba o 50,21% que supoñían 25.000€. No mes de decembro pasado solicitouse á Deputación unha modificación do investimento de acordo coas bases reguladoras das axudas, modificación que foi aprobada con esta resolución.   Finalmente para a adquisición deste vehículo a A.D. Esteirana Remo debe realizar unha inversión de 32.753,28€, dos cales a Deputación da Coruña subvencionará o 76,32% que ascende a un total de 25.000€. O veh

Liga Territorial Norte de bateis en Muros

Imaxe
Esta tarde celebrouse en Muros a primeira regata da Liga Territorial Norte de bateis deste ano 2023.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   Nesta proba déronse cita os clubs C.R. Puebla, C.R. A Cabana, C.R. Cabo da Cruz, C.M. Mugardos, C.R. Náutico de Ribeira, C.R Rianxo, C.R. Ares, C.R. Perillo, o club anfitrión C.R. Muros e a A.D. Esteirana Remo.   A Asociación Deportiva Esteirana Remo estaba representada nesta proba por tres tripulacións; unha feminina, alevín, e dúas masculinas, cadete e sénior.   A tripulación alevín feminina obtivo un noveno posto na clasificación final, mentras que os equipos masculinos, os cadetes finalizaron oitavos e os sénior quintos.   Desde este enlace pódese descargar as clasificacións completas (fonte @inforemobancofijo): descargar clasificación .   A Liga Territorial Norte de bateis trasládase o vindeiro sábado a localidade lucense de Celeiro.    Algunas fotos da xornada de hoxe de bateis (fonte https://www.facebook.com/moitoremojose ).  

Sinatura do convenio de colaboración co Concello de Muros

Imaxe
Esta mañá tivo lugar o acto de sinatura do convenio de colaboración entre a A.D. Esteirana Remo e o Concello de Muros para o ano 2023.   Foi un acto conxunto entre o concello e os dous clubs de remo do municipio, onde tamén se asinou por parte do concello un convenio similar co C.R. Muros.     Ao acto de sinatura asistiron por parte da Directiva da A.D. Esteirana Remo a Presidenta e a Secretaria da nosa entidade.   Fonte: Concello de Muros   A sinatura deste convenio, ademais da axuda para a actividade que realiza a nosa entidade, inclúe tamén o compromiso por parte da A.D. Esteirana Remo para continuar coa organización da Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras , que celebrará este verán en Esteiro a súa XVI edición. Esta edición estará encadrada na Liga Galega de Traiñeiras 'B', onde participará a traiñeira absoluta de Muros-Esteirana.   Desde a A.D. Esteirana Remo queremos mostrar o noso agradecemento ao Concello de Muros polo apoio e o compromiso co deporte do remo, e en

XX Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - Bandeiras #somosBOIRO

Imaxe
A pesar de que inicialmente se inscribiran 51 traiñeiras, finalmente houbo dúas baixas e foron un total de 49 as traiñeiras que tomaron a saída esta mañá na XX Contra Reloxo de Cabo da Cruz - Bandeiras #somosBOIRO . A proba era sobre un campo de regatas de dous largos. A A.D. Esteirana Remo participou na proba tanto co equipo sénior de Muros-Esteirana, que tiña o posto 34 na orde de saída, coma co veterano mixto que saía de 5º.     Equipo de Muros-Esteirana na contra o reloxo de onte. Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/ No momento do incio da proba as condicións meteorolóxicas eran moi difíciles debido ao forte vento de nordés, que foi mellorando un pouco a medida que foi avanzando a mañá. Esta circunstancia fixo que varios equipos, entre eles o veterano mixto da Esteirana, foran penalizados con 10” por non coller a estacha na saída.  O equipo absoluto de Muros-Esteirana finalizou a proba absoluta no 20º posto final cun tempo de 26:04,0 superando a varios dos rivais cos que com