O vindeiro sábado 10 de febreiro a A.D. Esteirana Remo organiza a "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis", competición pertencente á Liga Galega de Bateis que estrea este ano un novo formato no apartado de puntuacións e clasificación. Cada equipo de cada categoría irá recibindo unha puntuación xornada a xornada en base a súa clasificación e establecerase unha clasificación xeral que, ao rematar o calendario de liga, determinará o campión de liga de cada categoría. A proba que se celebra en Esteiro abre a Liga Galega de Bateis na Zona Norte (provincias de A Coruña e Lugo) e a ela están invitados a participar o Club do Mar de Mugardos, Club de Remo A Cabana-Ferrol, Club de Remo Ares, Club de Remo Cabo da Cruz, Club de Remo Cedeira, Club de Remo Celeiro, Club de Remo Mera, Club de Remo Muros, Club de Remo Narón, Club de Remo Puebla, Club de Remo Rianxo, Club de Regatas de Perillo, Club de Remo Urme, Club de Remo Náutico de Riveira, Club de Mar de Noia...