Liga Galega de Bateis. Final de Finais

Datos da competición:

  • Regata: Final de Finais da Liga Galega de Bateis
  • Competición: Liga Galega de Bateis 2024 
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 4 boias
  • Lugar: Meira (Moaña)
  • Data: 07/04/2024
  • Hora: 11:00h

No porto de Meira (Moaña) celebrouse a Final de Finais da Liga Galega de Bateis, na que participaban os dous primeiros clasificados de cada categoría, tanto da Zona Norte da Liga como da Zona Sur.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

As remeiras do equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo conseguiron unha das prazas en competición ao quedar primeiras na clasificación final da Liga.

Os equipos contra os que disputaron a final foron Bueu e Tirán da Zona Sur e Mugardos da Zona Norte.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Remaron polo carreiro número 2 e finalizaron no 2º posto, por diante de Tirán e de Bueu, e a pouco máis de segundo e medio de Mugardos.

Co resultado obtido nesta regata o equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo proclamouse subcampión da Liga Galega de Bateis 2024 nesa categoría.

Á chegada a Esteiro tiveron un pequeno recibimento e tiñan preparada unha pequena comida en grupo.

Aliñación do equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Tempos completos da "Final de Finais da Liga Galega de Bateis 2024" (fonte @inforemobancofijo).

O vindeiro fin de semana celebrarase na Pobra do Caramiñal o Campionato de Bateis Provincia da Coruña a dobre xornada (sábado e domingo), e será clasificatorio para o Campionato Galego de Bateis que se celebrará o fin de semana do 20 e 21 de abril na mesma localidade.