Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

I Bandeira Muros de San Pedro de Bateis

Imaxe
Esta mañá de domingo disputouse unha nova xornada da Liga Galega de Bateis na Zona Norte en Muros. Ademais dos equipos femininos das categorías alevín, infantíl e cadete, a A.D. Esteirana Remo tamén participou nesta xornada cun equipo absoluto feminino e con outro masculino. Xunto a estas tripulacións da Esteirana Remo participaron tamén nesta regata un equipo xuvenil, outro sub'23 e un máis absoluto do C.R. Urme (proxecto de colaboración entre a A.D. Esteirana Remo e o C.R. Muros). O equipo alevín feminino participou na primeira das quendas polo carreiro 5, finalizando a regata como primeiro clasificado da xeral na súa categoría, cun tempo final de 03:03,55. Pola súa banda ó equipo infantil tocoulle remar na terceira das quendas, pola boaia 1. Finalizou no décimo segundo posto da clasificación xeral, cun tempo final de 06:44,03. En canto ás cadetes femininas, competiron na segunda quenda pola rúa 1. Marcaron un tempo final de 08:32,19 que lles serviría para clasificarse na sexta p

IV Bandeira de Bateis Concello de Mugardos

Imaxe
A Liga Galega de Bateis na Zona Norte trasladouse este sábado á comarca de Ferrol para disputar a "IV Bandeira de Bateis Concello de Mugardos ".   Os nosos equipos alevín, infantil e cadete femininos acudiron a esa localidade para competir na proba.    Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose O equipo alevín competiu na primeira tanda das dúas que se disputaron, pola boia 3 e quedou na primeira posición cun tempo de 02:52,78.    Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Na categoría infantil feminina disputáronse tres tandas. O noso equipo competiu na segunda polo carreiro 5. Finalizou na décimo segunda posición final cun tempo de 06:08,40.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Tamén se disputaron tres tandas na categoría cadete feminina. O equipo da Esteirana competiu tamén pola rúa 2 e finalizou na 5ª posición final cun tempo de 07:47,54.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata .   Tempos comp

Carmiña Caamaño proclámase campiona galega de ergómetro na categoría veterana feminina

Imaxe
No día de hoxe celebrouse na localidade lucense de Ribadeo o Campionato Galego de Ergómetro 2024. A A.D. Esteirana Remo inscribía nesta competición á deportista veterana e Presidenta da nosa entidade, Carmiña Caamaño. A competición foi moi emocionante e os tempos finais foron moi axustados, xa que entre a primeira e a cuarta clasificada, que foi a deportista da Esteirana Remo, tan só houbo tres segundos e tres décimas de diferencia.  Unha vez aplicadas as compensación por idade Carmiña proclamouse campiona con certa distancia, posto que ela estaba encadrada na categoría F (de 60 a 64 anos) mentras que as súas rivais pertencían ás categorías C (de 43 a 49 anos) e D (de 50 a 54 anos). Neste enlace pódense consultar os tempos oficiais da proba .    

Cancelación definitiva da "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia" polas malas condicións meteorolóxicas

Imaxe
Logo de que a nosa Directiva tomara a decisión de utilizar a opción do campo alternativo da Pobra do Caramiñal, unha vez constatado que en Esteiro sería imposible levar a cabo a organización da bandeira debido as malas condicións que daba a predición meteorolóxica, os equipos desprazáronse esta tarde á Pobra para a disputa da XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis. As condicións por momentos non eran as máis óptimas debido ao forte vento que sopraba. Aínda así as rapazas da categoría alevín disputaron as súas regatas, pero o tempo empeoraba e xa coas infantiles en competición tomouse a decisión definitiva de suspender a disputa da Bandeira. Así a Liga Galega de Bateis perde unha das probas do calendario, pero foi unha decisión consensuada e sempre pensando na seguridade dos deportistas.  A vindeira semana a liga desprázase a Mugardos, onde estarán en disputa a "IV Bandeira de Bateis Concello de Mugardos (Masculino)" e a "V Bandeira de Bateis Concello de Mugardos (F

Traslado da "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia" de bateis ao campo de regatas alternativo da Pobra do Caramiñal

Imaxe
Debido ás malas condicións do mar que indican as predición meteorolóxicas, a Directiva da A.D. Esteirana Remo tomou a decisión de trasladar a "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia" de bateis que se ía celebrar este sábado día 10 de febreiro en Esteiro, ao campo alternativo da Pobra do Caramiñal. Antes do inicio da temporada o s clubs participantes na Zona Norte da Liga Galega de Bateis acordaron aprobar e incluir na normativa que, no caso de que algunha regata non se poidera celebrar, por exemplo por causas meteorolóxicas, o club organizador podería decidir o traslado da súa proba ao campo alternativo da Pobra do Caramiñal, que ao ser un campo resgardado dentro do porto, non sofre as condicións adversas como sucede noutros.  Polo tanto, debido ás condicións que se prevén, e sempre pensando na seguridade dos deportistas ante todo, pero tamén coa intención de non cancelar definitivamente a nosa regata do calendario, a Directiva decidiu trasladar a competición á Pobra do Caramiñal

Liga Galega de Bateis. "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia"

Imaxe
O vindeiro sábado 10 de febreiro a A.D. Esteirana Remo organiza a "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis", competición pertencente á Liga Galega de Bateis que estrea este ano un novo formato no apartado de puntuacións e clasificación.    Cada equipo de cada categoría irá recibindo unha puntuación xornada a xornada en base a súa clasificación e establecerase unha clasificación xeral que, ao rematar o calendario de liga, determinará o campión de liga de cada categoría.   A proba que se celebra en Esteiro abre a Liga Galega de Bateis na Zona Norte (provincias de A Coruña e Lugo) e a ela están invitados a participar o Club do Mar de Mugardos, Club de Remo A Cabana-Ferrol, Club de Remo Ares, Club de Remo Cabo da Cruz, Club de Remo Cedeira, Club de Remo Celeiro, Club de Remo Mera, Club de Remo Muros, Club de Remo Narón, Club de Remo Puebla, Club de Remo Rianxo, Club de Regatas de Perillo, Club de Remo Urme, Club de Remo Náutico de Riveira, Club de Mar de Noia e, por s