Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta sorteo

Premio no sorteo dos bares

Imaxe
O día de Reis a Asociación Deportiva Esteirana Remo sorteaba 500€ para o número que coincidira coas tres últimas cifas do primeiro premio do sorteo de Lotería Nacional do 'Neno'. O premio tocoulle a un veciño do Maio que asinara o número 603 no Areas Pub. Esta mañá a Directiva da Asociación Esteirana Remo facía entrega do premio no local onde se asinou. Parabéns para o agraciado!!!

Entrega das cestas de Nadal

Imaxe
Esta pasada fin de semana fíxose entrega das cestas que rifamos coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Nadal do 22 de decembro.     O primeiro premio, composto por dúas cestas, foi para un veciño da Serra de Outes que en lugar de quedarse cos produtos, decidiu doar unha das cestas a Cáritas e a outra ao noso club.     A cesta e táboa que se rifaban co segundo premio do sorteo de Nadal quedou en Esteiro.       Por último sinalar que o sorteo de firmas dos bares de Esteiro non lle tocou a ninguén e repetiremos bote de 500€ que se rifarán coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Reis.

Sorteo de cestas de Nadal

Imaxe
Coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Nadal do vindeiro 22 de decembro a Asociación Deportiva Esteirana Remo sorteará dous lotes de produtos típicos do Nadal.   O primeiro lote, composto por dúas cestas, será para a rifa cuxo número coincida coas catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo de Lotería Nacional de Nadal.   O segundo lote, composto por unha cesta e unha táboa de produtos, será para a rifa que coincida coas catro últimas cifras do segundo premio do sorteo de Lotería Nacional de Nadal.   Desde a Directiva da A.D. Esteirana Remo queremos trasladar o noso máis profundo agradecemento aos nosos deportistas, posto que moitos deles, ademais de realizar a aportación de bastantes dos produtos, tamén se implicaron completamente na venda das case 3.500 rifas das que dispoñíamos.  Recordar tamén que nos sorteos de firmas que se están realizando mensualmente nos bares de Esteiro, este mes hai un premio de 500€. Sorte para todos os participantes en ambos sorteos!!! Felices