Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro domingo 26 de xaneiro ás 11:30h en primeira convocatoria e as 12:00h en segunda convocatoria. ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA: 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2. Resumo actividade deportiva da temporada 2024. 3. Balance contable da temporada 2024. 4. Proxecto deportivo para a temporada 2025. 5. Orzamento temporada 2025. 6. Proxecto de colaboración co C.R. Muros. 7. Rogos e preguntas. En Esteiro a 11 de xaneiro de 2025. A PRESIDENTA