Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

Xornada clasificatoria do Campionato Territorial Norte de bateis

Imaxe
Esta tarde celebráronse na Pobra do Caramiñal as regatas clasificatorias para as finais do Campionato Territorial Norte de bateis que se celebrará mañá na mesma localidade. As quendas das regatas clasificatorias quedaron configuradas tal como se poden ver neste documento . Acudimos á cita coas mesmas tripulacións que competiran na XVI Bandeira SSG en Esteiro o sábado anterior. Alevín feminina, absoluta feminina, cadete masculina e absoluta masculina.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose As rapazas da categoría alevín fixeron unha moi boa regata, remando na primeira quenda pola rúa 1. Finalizaron cun tempo de 02:40,81 no 3º posto da quenda, pero que non foi suficiente para clasificarse para as finais do domingo por 9".   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose O equipo da categoría absoluta feminina era a segunda regata de bateis na que competía, logo de remar por primeira vez en Esteiro o sábado anterior. O traballo de todo o inverno centrouse na traiña veterana e a

Clasificación da XVI Bandeira SSG de bateis

Imaxe
113 tripulacións de todas as categorías soltaron a estacha esta tarde no porto de Esteiro para disputar a XVI Bandeira SSG de bateis. Ao arredor de 500 deportistas en total que fixeron disfrutar aos afeccionados do deporte do remo. Os clubs participantes foron A Cabana, Ares, Cabo da Cruz, Celeiro, Mugardos, Muros, Narón, Perillo, Puebla (incribeu dous clubs, Pobra e Puebla), Rianxo, Riveira e Esteirana.     A regata disputouse con algo de vento de sur, sobre todo na primeira metade da competición, que levantaba unha pequena ola nas boias exteriores pero que non impediu que a regata se celebrase sen incidentes. En canto as clasificacións, os vencedores en cada categoría foron:   Alevín feminina : C.R. A Cabana. Infantil feminina: C.R. Cabo da Cruz. Cadete feminina: C.R. Cabo da Cruz. Xuvenil feminina: C.R. Rianxo. Sub23 feminina: C.R. Rianxo. Absoluta feminina: C.R. Cabo da Cruz. Alevín masculina : C.R. Cabo da Cruz. Infantil masculina : C.R. Cabo da Cruz. Cadete masculina : C.R. Pue

XVI Bandeira SSG de bateis

Imaxe
Mañá sábado 8 de abril organizamos no porto de Esteiro a XVI Bandeira SSG de bateis. A proba será ás 16:00h.   Asistirán á regata 12 clubs, máis de cen tripulacións en total, o que supón máis de 400 deportistas de todas as categorías. Desde este enlace pódese descargar o cadro de participación na XVI Bandeira SSG de bateis .   Para o traslado dos deportistas é necesario un gran volume de vehículos, polo que solicitamos aos veciños de Esteiro e a todas as persoas que visiten o noso pobo no día de mañá que respecten, por favor, as zonas reservadas para o aparcamento dos vehículos e autobuses dos clubs participantes.   Moitas grazas.

I Bandeira Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián

Imaxe
A Liguiña Territorial Norte de bateis volvía á zona de Ferrolterra para disputar a "I Bandeira Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián" que se celebraba no porto de Curuxeiras, sendo o o club organizador o C.R. A Cabana. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Como nas anteriores xornadas da liguiña, desprazamos á regata os dous equipos alevíns femininos e o cadete masculino.   Os dous bateis alevíns femininos remaron na 2ª tanda desa categoría, un deles polo carreiro 1, facendo un tempo de 03:15,76 que o clasificaba na 6ª posición. O outro batel remou pola rúa 4 e finalizou a proba con un tempo de 04:17,55 na 9ª posición final.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Na categoría cadete masculina o batel da Esteirana Remo remou na 4ª tanda pola boia 3. O tempo final que obtiveron foi 07:21,22 que os clasificaba na 7ª posición final da categoría.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Dentro dun par de días a Li

IV Bandeira Concello da Pobra de bateis

Imaxe
A novena proba da Liguiña Territorial Norte de bateis disputouse na Pobra do Caramiñal este domingo ás 11:00h. O C.R. Puebla organizaba a "IV Bandeira Concello da Pobra de bateis".   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Moi boas condicións climatolóxicas e, como normalmente é habitual alí, o campo de regatas en moi boas condicións para a práctica do remo.    Desta volta as chicas da categoría alevín que formaron cada un dos equipos foron Ainhoa, Nahia, María, Daniela, con Sara de patrona, nun batel, e no outro Irene, Mara, Lara e Paula con Aitor como patrón. Os dous equipos remaron na mesma tanda e finalizaron con uns tempos de 03:21,11 e 03:43,57, nos postos 8º e 9º da clasificación final da regata.   Pola súa banda no equipo cadete masculino remou Marcos, Alexandre, Leo, Aitor e Sara de patrona. Finalizaron cun tempo de 07:31,53 no 7º posto da regata.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose O vindeiro xoves, aproveitando que é festivo, a Liguiña Territorial N

Bandeira de Bateis Concello de Mugardos

Imaxe
A Liga Territorial Norte de bateis trasladouse este sábado á comarca de Ferrol para disputar a "Bandeira de Bateis Concello de Mugardos ".   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Os nosos equipos alevín feminino, con dúas tripulacións, e cadete masculino acudiron esa localidade para competir na proba. Entre os deportistas da categoría cadete masculina xa estaba Leo Fernández, que xa se encontraba prácticamente recuperado da lesión que o apartou das bancadas a semana anterior.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose As rapazas do equipo alevín competiron, unhas na primeira tanda e outras na segunda, das tres tandas que se disputaron. O equipo que participou na primeira tanda parou o crono cun tempo de 03:38,04 que as colocaba no 11º posto da clasificación. Pola súa banda o equipo que participou na segunda quenda fixo un tempo de 02:51,41 e conseguiu o 8º posto na clasificación final. As dúas tripulacións remaron pola rúa 2.   Fonte https://www.facebook.com/moitor