Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta socios

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria para a elección da Presidencia da Asociación Deportiva Esteirana Remo

Imaxe
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA De conformidade co disposto nos Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo, convócase a todos os socios e socias á celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar o día 29 de agosto de 2026 no pavillón Xosé Manuel Saborido Núñez ‘Fino’, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria. Orde do día: 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2. Elección da Presidencia da Asociación Deportiva Esteirana Remo. 3. Rogos e preguntas. Na comunicación de apertura do proceso electoral indicábase como data prevista para a celebración desta Asemblea o día 30 de agosto de 2026. Porén, a Xunta Directiva acordou adiantar a súa celebración ao 29 de agosto de 2026, debido a que o día 30 terá lugar a xornada de clausura da Liga Galega de Traiñeiras, na que a Asociación Deportiva Esteirana Remo debe participar e na que resulta necesario garantir a adecuada representación institucional da entidade...

COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PROCESO ELECTORAL

Imaxe
COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PROCESO ELECTORAL A Xunta Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo acordou o inicio do proceso electoral para a elección da Presidencia da entidade, de conformidade co establecido nos Estatutos sociais. Prazo de presentación de candidaturas Ábrese un prazo de 15 días hábiles para a presentación de candidaturas á Presidencia da Asociación, que comprenderá o período entre o 3 de agosto e o 21 de agosto de 2026, ambos inclusive. As candidaturas deberán presentarse por escrito, firmadas, facendo constar a seguinte información: Nome, apelidos, DNI e número de socio da persoa candidata á Presidencia. Nome, apelidos, DNI e número de socio das demais persoas que compoñen o equipo directivo candidato. Información de contacto: correo electrónico e/ou postal e número de teléfono. As candidaturas poderán presentarse por correo postal certificado ou por correo electrónico. Non serán aceptadas candidaturas que non cheguen con todos os datos solicitados ou sen firm...

Acto de presentación oficial e posta do nome das nosas instalacións deportivas

Imaxe
  Estimados/as amigos/as, O Concello de Muros e a Asociación Deportiva Esteirana de Remo teñen a honra de convidarvos ao acto de presentación oficial e posta do nome das instalacións deportivas do noso club, que dende este día levarán con orgullo o nome de: Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino" Con este xesto queremos render homenaxe á súa traxectoria, entrega e compromiso co remo e coa nosa comunidade. O acto terá lugar o: 24 de maio
 12:00
 Instalacións da Asociación Deportiva Esteirana de Remo – Esteiro Contaremos coa presenza do propio Xosé Manuel Saborido Núñez "Fino", a quen lle renderemos este merecido recoñecemento rodeado de amizades, familia e compañeiros/as do mundo do remo. Ao remate do acto, ofrecerase un catering para todos os asistentes, como momento de encontro e confraternidade entre os distintos clubs, asociacións e persoas presentes. Agardamos contar coa vosa presenza para celebrar xuntas este día tan especial para a nosa vila e para o rem...

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria

Imaxe
De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Extraordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro sábado 29 de xullo ás 12:00h en primeira convocatoria e as 12:30h en segunda convocatoria. ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA: Adquisición dun vehículo para o trasporte de deportistas e material. Detalles da subvención aprobada pola Deputación da Coruña. Autorización para a firma dun préstamo coa entidade Abanca co obxectivo da adquisición do dito vehículo. En Esteiro, 18 de xullo de 2023.    

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

Imaxe
De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 19:00h en primeira convocatoria e as 19:30h en segunda convocatoria.   A continuación pode visualizar o documento de convocatoria oficial do club, coa orde do día da Asamblea.