Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta escola de remo

Peche das escolas de remo 2024

Imaxe
No día de hoxe púxose o punto final á Escola de Remo 2024 da Asociación Deportiva Esteirana Remo. Ao final da xornada matinal de hoxe cos nenos, o equipo de monitores e colaboradores tíñalle preparado aos cativos un pequeno aperitivo de despedida.  Un verán máis esta actividade tivo unha magnífica acollida entre a xente de Esteiro e as familias que nos visitan durante estes meses. Intentaremos seguir mellorando para poder acoller a máis nenos e adultos en vindeiras edicións, pero tamén para poder prestar unha mellor atención e de máis calidade. Moitas grazas ás nais e pais por confiar un ano máis na nosa entidade para que os nenos disfruten do seu tempo de lecer e se inicien no deporte. Os monitores, colaboradores e Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo queremos desexarvos que pasedes felizmente o resto do verán, que o curso 2024-2025 veña cheo de éxitos, e queremos sobre todo animámosvos a continuar con nós competindo como deportistas federados xa na temporada 2025. O...

Despedida da Escola de Remo de xullo

Imaxe
Hoxe foi o último día de Escola de Remo para moitos nenos e nenas que só se poideron inscribir para o mes de xullo, e os monitores e a Directiva quixemos prepararlles un pequeno evento sorpresa. A sesión de hoxe rematou cun baño de espuma diante do club.  Oxalá disfrutárades destes días na Escola de Remo. Esperámosvos para o outono para que formedes parte dos equipos que competirán defendendo as nosas cores no 2025. Bo verán!

Empezamos coas escolas de remo

Imaxe
Esta mañá empezamos as escolas de remo para nenos que organizamos durante os meses de xullo e agosto. Terán lugar todos os martes e xoves en horario de mañá.   Tamén se iniciou a escola para adultos, que neste caso será os mesmos días pero polas tardes.

Achegando o remo á escola. Visita ao Colexio da Serra de Outes

Imaxe
Esta mañán a representación da nosa Directiva que leva a cabo esta actividade trasladouse á Serra de Outres para visitar o colexio de primaria. A xornada de hoxe estaba programada para as rapazas e rapaces de 6º, curso no que hai dúas aulas. Seguindo coa dinámica que se ven desenvolvendo no resto de centros, primeiro impartiron unha charla onde explican aos nenos as características do deporte do remo e tamén as modalidades nas que compite a A.D. Esteirana Remo.     Seguidamente trasladáronse ao ximnasio do centro onde estaba colocado o material que acercaron ao centro educativo, varios ergómetros e un batel, material no que impartiron a sesión práctica. Mañán repetirán visita ao mesmo centro, para realizar esta actividade con alumnos de 4º e 5º.  

Achegando o remo á escola. Visita ao instituto As Ínsuas de Muros

Imaxe
Dentro da iniciativa que está levando a cabo a nosa entidade de acercamento do remo á escola, na xornada de hoxe estaba programada a visita ao instituto de secundaria As Ínsuas, en Muros.     O equipo directivo que organiza este evento, xunto con colaboradores do equipo veterano da traiñeira, acercaron ata alí diverso material do club para facer máis amena a actividade. A actividade divideuse en dous grupos, un para os alumnos de 1º e 2º de ESO e o outro para os de 3º e 4º. Impartiuse unha pequena charla onde se lle explicaba aos rapaces as características do deporte do remo en xeral, e tamén de xeito máis específico as modalidades de remo que practicamos na A.D. Esteirana Remo. Logo da charla houbo unha sesión máis práctica onde se invitou aos rapaces a probar os ergómetros, nos que incluso se organizou unha penquena competición, e a experimentar a sensación de ir embarcado nun batel.  

Achegando o remo á escola. Visita ao CEIP Ricardo Tobío

Imaxe
Onte iniciamos un programa de colaboración cos centros escolares dos arredores, para dar a coñecer e acercar o deporte do remo á escola. O primeiro centro co que iniciamos esta serie de colaboracións foi co CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío do noso pobo. No día de onte viñeron visitar o noso club as nenas e nenos de 4º a 6º de primaria.      Hoxe varios membros da nosa Directiva, xunto coa colaboración de varios integrantes do equipo veterano, foron de visita ao centro para mostrarlle aos rapaces de 1º a 3º de primaria algúns aspectos deste deporte.  Impartiron unha pequena charla e realizaron algunha actividade práctica nun batel que acercaron ao colexio xunto con outro material. Nos próximos días realizaremos visitas tamén a colexios de Muros e a Serra de Outes.            

Escola de Remo 2024. Ven a descubrir o remo!

Imaxe
Xa está aberto o prazo de inscrición para as Escolas de Remo que organiza a A.D. Esteirana Remo co lema " Ven descubrir o remo! ". Para nenos a partir de 9 anos organizamos a Escola de Remo de nenas e nenos.   E a partir de 16 anos tamén temos, ás tardiñas, a Escola de Remo para adultos.

Finaliza a Escola de Remo 2023

Imaxe
Hoxe finalizou a Escola de Remo 2023.   A Directiva da A.D. Esteirana Remo quere agradecer a confianza depositada polas familias das nenas e nenos que participaron , tanto na nosa entidade coma no traballo dos monitores e axudantes que estiveron a fronte desta actividade .     Durante os dous meses que se desenvolveu a actividade da escola de remo houbo unha participación de 33 nenas e 14 nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos.   Os rapaces, aparte das actividades máis propias do mundo do remo, tamén participaron doutro tipo de actividades como xogos, excursións e algunha pequena festiña ou celebración.     Desde o punto de vista máis deportivo, tamén participaron en algunha competición que realizamos entre eles, tanto en terra coma no mar. En terra houbo un campionato de ergómetro e no mar algunha que outra regatiña de bateis.     Hoxe que foi o último día da actividade organizamos unha travesía a remo ata a Creba, posteriormente ...

Escola de remo 2023 para adultos

Imaxe
  IMPORTANTE: PARA INSCRIBIRSE HAI QUE SABER NADAR.   A partir de 16 anos de idade. Todos os martes e xoves de 20:30h a 22:00h dos meses de xullo e agosto de 2023. Nas instalacións da A.D. Esteirana Remo. 25€ mes.  Inscricións a través dos teléfonos ou correo electrónico que se mostran no cartel.     

Escola de remo 2023 para nen@s. Aberto o prazo de inscrición ata o 30 de xuño

Imaxe
IMPORTANTE: O MENOR DEBE SABER NADAR.   Prazo de inscrición inicial ata o 30 de xuño de 2023. Poderase reabrir dependendo do número de inscritos no período inicial. A partir de 8 anos de idade. Todos os martes e xoves de 10:30h a 13:30h dos meses de xullo e agosto de 2023. Nas instalacións da A.D. Esteirana Remo. 20€ para inscricións dunha quincena, 35€ para un mes e 65€ para inscricións para os dous meses.  Inscricións a través dos teléfonos ou correo electrónico que se mostran no cartel.  É necesaria unha foto de carné e fotocopia do DNI do menor, así como a sinatura do pai/nai ou titor legal do menor.