IV Bandeira Wofco de traiñeiras de veteranos
Datos da competición:
- Regata: IV Bandeira Wofco de Veteranos
- Competición: Liga Galega de Veteranos 2024
- Modalidade: traiñeiras
- Categorías: veteranos masculina e feminina
- Tipo regata: campo tradicional de 3 boias
- Lugar: Chapela
- Data: 05/05/2024
- Hora: 11:00h
Segunda xornada da Liga Galega de Veteranos 2024, á que acudiu o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo.
O equipo que competiu nesta regata foi o formado por:
(proa) Alcira
(B6) Marta - Txelo (E6)
(B5) Boubeta - Monas (E5)
(B4) David - Franche (E4)
(B3) Fran - Calde (E3)
(B2) Perre - Juan Carlos (E2)
(B1) Otero - Óscar (E1)
(patrón) Fran
Competiu na primeira quenda polo carreiro 1 xunto con Cesantes, posto que Celeiro non participou nesta regata. Finalizou na primeira posición da súa quenda cun tempo de 14:43,39, que coa compensación de -7 segundos que tiña o equipo aliñado hoxe, quedouse en 14:36,39.
Con ese tempo obtivo a 7ª posición na clasificación xeral da regata. Na clasificación xeral da Liga tamén ocupa a 7ª posición.
Tempos completos da "IV Bandeira Wofco de traiñeiras de veteranos" (fonte @inforemobancofijo).
![]() |
Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ |