Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2023

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

Imaxe

A traiñeira do C.R. URME (Muros-Esteirana) compite no Grove na primeira cita da pretemporada

Imaxe
Esta mañá celebrouse la localidade pontevedresa de O Grove a primeira regata de traiñeiras da pretemporada 2024, o IX Memorial Miguel Ángel Fernández Lores "Lagar". Como é habitual nas probas de pretemporada a regata foi en modalidade de contra o reloxo. A traiñeira absoluta do Club de Remo URME (Unión de Remeiros de Muros e Esteirana), traiñeira que competiu a temporada pasada por vez primeira e que o fixo co nome de Muros-Esteirana, acudiu á xa clásica cita do mes de decembro.       As condicións meteorolóxicas complicáronlle un pouco o traballo dos remeiros debido ao vento racheado que había e que, ao disputarse a regata nun campo triangular, en cada longo afectáballe ás embarcacións por costados distintos.   O equipo que competiu na traiñeira do C.R. URME (Muros-Esteirana) foi o seguinte:   Anxo (Proeiro) (B6)Simón - Xián(E6) (B5)Beni - Adrián(E5) (B4)Mateo - Javi(E4) (B3)Leo - Jonathan (E3) (B2)Luis - Xandre(E2) (B1)Lijó - Gabri(E1) Adriana (Patroa)     Remataron a regat