Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Entrega das cestas de Nadal

Imaxe
Esta pasada fin de semana fíxose entrega das cestas que rifamos coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Nadal do 22 de decembro.     O primeiro premio, composto por dúas cestas, foi para un veciño da Serra de Outes que en lugar de quedarse cos produtos, decidiu doar unha das cestas a Cáritas e a outra ao noso club.     A cesta e táboa que se rifaban co segundo premio do sorteo de Nadal quedou en Esteiro.       Por último sinalar que o sorteo de firmas dos bares de Esteiro non lle tocou a ninguén e repetiremos bote de 500€ que se rifarán coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Reis.

Bo Nadal

Imaxe
Tod@s @s que formamos parte da familia da Asociación Deportiva Esteirana Remo desexámosvos un...    

Sorteo de cestas de Nadal

Imaxe
Coincidindo co sorteo de Lotería Nacional de Nadal do vindeiro 22 de decembro a Asociación Deportiva Esteirana Remo sorteará dous lotes de produtos típicos do Nadal.   O primeiro lote, composto por dúas cestas, será para a rifa cuxo número coincida coas catro últimas cifras do primeiro premio do sorteo de Lotería Nacional de Nadal.   O segundo lote, composto por unha cesta e unha táboa de produtos, será para a rifa que coincida coas catro últimas cifras do segundo premio do sorteo de Lotería Nacional de Nadal.   Desde a Directiva da A.D. Esteirana Remo queremos trasladar o noso máis profundo agradecemento aos nosos deportistas, posto que moitos deles, ademais de realizar a aportación de bastantes dos produtos, tamén se implicaron completamente na venda das case 3.500 rifas das que dispoñíamos.  Recordar tamén que nos sorteos de firmas que se están realizando mensualmente nos bares de Esteiro, este mes hai un premio de 500€. Sorte para todos os participantes en ambos sorteos!!! Felices

Eleccións á Presidencia da Federación Galega de Remo

Imaxe
  A Federación Galega de Remo (FEGAR) convocou para o día de onte, 10 de decembro de 2022, unha Asamblea Extraordinaria para a "Elección de Presidente e Comisión Delegada da Fegar".   A Asamblea foi convocada para as 11:00 horas en primeira convocatoria e as 11:30 horas en segunda, e tivo lugar na sede social da Federación Galega de Fútbol (UFEDEGA), antiga sede da Secretaría Xeral para o Deporte no Estadio de San Lázaro, en Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día: 1. Constitución da Mesa Electoral. 2. Constitución da Asemblea. 3. Presentación das persoas candidatas á Presidencia e exposición de Programas Electorais polos candidatos á Presidencia. 4. Elección do Presidente da FEGAR. 5. Elección da Comisión Delegada.   En representación da A.D. Esteirana Remo, como membro electo da Asamblea Xeral da Federación Galega de Remo polo estamento de clubs na modalidade de banco fixo,  asistiu a nosa Presidenta.   Os candidatos que se presentaban á presidencia da FEGAR eran J