Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ergómetro

Campionato de España de Remo Indoor 2026: medalla de bronce para Carmiña Caamaño en categoría veterana

Imaxe
DATOS DA COMPETICIÓN: Competición:  Campionato de España de Remo Indoor 2026. Modalidade:  Remo indoor (ergómetro). Categorías:  alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23, absoluta e veterana. Lugar:  Cartagena (Murcia). Data:  28/02/2026.     Carmiña Caamaño, Alcira Romero e Marinela Romero, despois da competición en Cartagena   PARTICIPACIÓN DA A.D. ESTEIRANA REMO NESTA COMPETICIÓN: CATEGORÍA ABSOLUTA FEMININA, PESO LIXEIRO ( ver resultados completos ) : 7º posto para Alcira Romero Candamo. CATEGORÍA VETERANA  FEMININA ( ver resultados completos ) : 3 º posto e medalla de bronce para Carmiña Caamaño Caamaño. 7º posto para Marinela Romero Lestón.  CLASIFICACIÓN XERAL NO MEDALLEIRO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE REMO INDOOR: 16 º posto   ( ver clasificación xeral por clubs )

Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Indoor 2026: a A.D. Esteirana Remo consigue o 4º posto no medalleiro

Imaxe
DATOS DA COMPETICIÓN: Competición:  Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Indoor 2026. Modalidade:  Remo indoor (ergómetro). Categorías:  alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23, absoluta, veterana e por equipos. Lugar:  Noia. Data:  15/02/2026. Equipo alevín feminino que se proclamou Campión Galego PARTICIPACIÓN DA A.D. ESTEIRANA REMO NESTA COMPETICIÓN: CATEGORÍA ALEVÍN: Clasificiación individual feminina (ver resultados completos) :  Antía Eiras (11º posto), Xana Toba (12º posto), Daniela Alvite (20º posto), Maya Reyes (21º posto), Sara Piñeiro (23º posto), Áurea Santos (41º posto), Jennifer Formoso (42º posto), Briana Sampedro (45º posto). Clasificiación individual masculina (ver resultados completos) :  Asier Galindo (55º posto), Xaquín Lestón (59º posto), Xabi Brea (67º posto). Clasificiación por equipos feminina   (ver resultados completos) :    1º posto e Campión Galego para o equipo formado por Xana Toba, Sara Piñeiro, Da...

Campionato Galego Xunta de Galicia Remo Indoor 2025. Carmiña Caamaño, Campiona Galega en categoría veterana feminina por segundo ano consecutivo

Imaxe
No día de hoxe organizouse no Complexo Polidepotivo de A Cachada, Boiro, o Campionato Galego Xunta de Galicia Remo Indoor 2025. Carmiña Caamaño coa medalla de Campiona Galega, xunto con outras compañeiras da A.D. Esteirana Rermo A programación do Campionato estaba confeccionada para que durante a mañá se realizaran as probas individuais, mentras que as probas por equipos estaban reservadas para a tarde. O número de participantes no Campionato foi moi alto, cun total de 880 inscricións entre individuais e por equipos. A A.D. Esteirana Remo participou cun total de 30 inscricións sumando as individuais e por equipos. O cadro de participación conformábano un total de 27 clubs de toda Galicia. A nivel de resultados debemos destacar o título de Campiona Galega en categoría individual veterana feminina obtido pola Presidenta da nosa entidade, Carmiña Caamaño . Deste xeito consegue revalidar o título obtido o ano pasado en Ribadeo. Tempos completos da categoría veterana feminina . Aparte d...

Carmiña Caamaño proclámase campiona galega de ergómetro na categoría veterana feminina

Imaxe
No día de hoxe celebrouse na localidade lucense de Ribadeo o Campionato Galego de Ergómetro 2024. A A.D. Esteirana Remo inscribía nesta competición á deportista veterana e Presidenta da nosa entidade, Carmiña Caamaño. A competición foi moi emocionante e os tempos finais foron moi axustados, xa que entre a primeira e a cuarta clasificada, que foi a deportista da Esteirana Remo, tan só houbo tres segundos e tres décimas de diferencia.  Unha vez aplicadas as compensación por idade Carmiña proclamouse campiona con certa distancia, posto que ela estaba encadrada na categoría F (de 60 a 64 anos) mentras que as súas rivais pertencían ás categorías C (de 43 a 49 anos) e D (de 50 a 54 anos). Neste enlace pódense consultar os tempos oficiais da proba .