A Deputación da Coruña concédelle á A.D. Esteirana Remo unha axuda para a mellora de equipamento deportivo

A Deputación da Coruña ven de publicar a resolución definitiva da concesión de axudas do " Programa FO104/2024 de subvencións a entidades deportivas da provincia sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo " . Ao abeiro deste programa de axudas a A.D. Esteirana Remo solicitara unha subvención co obxecto da " adquisición e adaptación de material deportivo para adestramentos e competición ", que se concretaba coa compra de 4 remos de batel extensibles, 13 bancadas e 13 estribos de fibra de carbono para traiñeira Amilibia e a rectificación da popa da traiñeira Hércules e pintado do barco. A inversión total que realiza a A.D. Esteirana Remo na compra deste material e na modificación da traiñeira Hércules supon un total de 5.189,40€ , dos cales a Deputación da Coruña nos concede unha axuda do 80%, o que supón un total de 4.151,52€.