Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

XXI Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - II Bandeira #somosBOIRO

Imaxe
A traiñeira absoluta de Muros-Esteirana, que a partir desta temporada competirá baixo o nome de Club de Remo URME (Unión de Remeiros de Muros e Esteirana), e a traiñeira veterana mixta da A.D. Esteirana Remo, participaron hoxe na súa primeira regata do 2024, a "XXI Contra Reloxo de Traiñeiras de Cabo da Cruz - II Bandeira #somosBOIRO". Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   Había inscritas un total de 49 traiñeiras repartidas entre as distintas categorías, motivo polo cal a organización divideu a competición en dúas contra o reloxo, unha pola mañá para as categorías sub'19 e as veteranas (femininas, mixtas e masculinas), e outar pola tarde para as categorías absolutas.   As condicións meteorolóxicas foron moi boas durante todo o día, co mar en calma e sen vento. A traiñeira veterana mixta da A.D. Esteirana Remo competiu pola mañá. Tiña o número 12 na orde de saída e finalizou con un tempo de 16:43,22, tempo que a situaba na primeira posición das traiñeras veterana

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

Imaxe
  CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro domingo 28 de xaneiro ás 11:30h en primeira convocatoria e as 12:00h en segunda convocatoria. ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA: Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Resumo actividade deportiva da temporada 2023. Estado final das contas da temporada 2023. Proxecto deportivo para a temporada 2024. Orzamento temporada 2024. Proxecto de colaboración co C.R. Muros. Rogos e preguntas. En Esteiro a 15 de xaneiro de 2024. A PRESIDENTA