Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

Se che gusta Esteiro, promociónao!

Imaxe
Tanto se queres estar á moda este verán e o vindeiro outono, coma se viñestes de visita ou vacacións a Esteiro e che gustou a experiencia, fai que todo o mundo o saiba.    Xa temos dispoñibles novos deseños de roupa e complementos para este verán e outono.   Podes adquirilos nas instalacións da A.D. Esteirana Remo (porto de Esteiro), no Chiringuito do Petón ou a través das nosas RRSS.    

Escola de remo 2023 para adultos

Imaxe
  IMPORTANTE: PARA INSCRIBIRSE HAI QUE SABER NADAR.   A partir de 16 anos de idade. Todos os martes e xoves de 20:30h a 22:00h dos meses de xullo e agosto de 2023. Nas instalacións da A.D. Esteirana Remo. 25€ mes.  Inscricións a través dos teléfonos ou correo electrónico que se mostran no cartel.     

Escola de remo 2023 para nen@s. Aberto o prazo de inscrición ata o 30 de xuño

Imaxe
IMPORTANTE: O MENOR DEBE SABER NADAR.   Prazo de inscrición inicial ata o 30 de xuño de 2023. Poderase reabrir dependendo do número de inscritos no período inicial. A partir de 8 anos de idade. Todos os martes e xoves de 10:30h a 13:30h dos meses de xullo e agosto de 2023. Nas instalacións da A.D. Esteirana Remo. 20€ para inscricións dunha quincena, 35€ para un mes e 65€ para inscricións para os dous meses.  Inscricións a través dos teléfonos ou correo electrónico que se mostran no cartel.  É necesaria unha foto de carné e fotocopia do DNI do menor, así como a sinatura do pai/nai ou titor legal do menor.    

I Bandeira de Muros de Veteranos

Imaxe
A última regata da Liga Galega de Veteranos tiña lugar esta mañá en Muros, onde se disputaba a "I Bandeira de Muros de Veteranos". Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ O campo de regatas estaba en calma e as condicións meteorolóxicas eran ideais para a práctica do remo.   O equipo veterano mixto da Esteirana Remo na regata de hoxe estivo composto por:   Perre (proeiro) (B6) Teresa - Marinela (E6) (B5) Lidia - Carmiña (E5) (B4) David - Franche (E4) (B3) Calde - Juan Carlos (E3) (B2) Marta - Txelo (E2) (B1) Otero - Carou (E1) Alcira (patroa)   Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Competiron na primeira quenda, no carreiro 2. Nesta mesma quenda competía Muros polo carreiro 1 e Celeiro polo 3. Desde o inicio da regata Muros impuxo un alto ritmo e distanciouse da Esteirana Remo e de Celeiro. A Esteirana Remo pola súa parte tamén conseguiu meterlle uns segundos no primeiro longo a Celeiro, que foi ampliando no resto da regata.  Finalmente a Esteirana Remo finali

Segundo posto de Muros-Esteirana na regata inaugural da temporada 2023 da LGT

Imaxe
I BANDEIRA CONCELLO DE AS PONTES LGT Data e hora da regata: 10/06/2023, 16:30h. Lugar: As Pontes de García Rodríguez. Competición: I Bandeira Concello de As Pontes (Liga LGT B).   Condicións do campo de regatas:   Vento frouxo e sen olas.  Aliñación: Integrantes do equipo Muros-Esteirana absoluto nesta regata. Quenda e carreiro:   1ª quenda, carreiro 1.   Clasificación na regata: 2º posto na tanda e 2º posto na xeral da regata. Clasificación xeral na liga despois da disputa desta regata: 2º posto. LGT LGT Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook

Arranca a Liga Galega de Traiñeiras coa participación de Muros-Esteirana

Imaxe
Mañá sábado 10 de xuño dará inicio no lago artificial das Pontes a Liga Galega de Traiñeiras 2023.   Vai ser a primeira vez que participe na LGT o equipo de Muros-Esteirana, e vai coincidir coa primeira vez que a liga se celebre nun concello do interior de Galicia, e polo tanto que as traiñeiras compitan en regatas en auga doce.   O plantel inicial co que conta o equipo é o seguinte:   https://www.ligalgt.com/principal/club/15-muros-esteirana     A xornada estará composta polas regatas das tres categorías e participarán, polo tanto, os equipos da liga feminina, os da liga A e os da liga B, onde se encadra Muros-Esteirana.   Ademais das regatas das tres categorías celebrarase a gala de presentación da LGT 2023 unha vez rematadas as competicións. O calendario da temporada exténdese ata finais do mes de agosto, onde se pechará en Ares. https://www.ligalgt.com/principal/calendario  

I Bandeira Deputación Provincial de Lugo de Veteranos

A Liga Galega de Veteranos chegaba na xornada de hoxe á localidade de Viveiro para disputar a I Bandeira Deputación Provincial de Lugo de veteranos, organizada polo C.R. Celeiro.   O campo de regatas estaba en moi boas condicións aínda que había un lixeiro vento de nordés. Había tamén unha pequena ola de proa e popa, que axudaba ás embarcacións nos longos de volta.    A Esteirana Remo competiu na primeira das quendas no carreiro 1. Polo 2 saía o equipo local de Celeiro e polo 3 Muros. A Esteirana aliñou nesta regata a seguinte tripulación:   Perre (proeiro) (B6) Teresa - Óscar (E6) (B5) Marta - Marinela (E5) (B4) David - Calde (E4) (B3) Xan - Juan Carlos (E3) (B2) Otero - Txelo (E2) (B1) Uxío - Carou (E1) Alcira (patroa) O primeiro longo foi bastante igualado entre Muros e Esteirana, mentras Celeiro xa quedou descolgado case desde o incio. Na primeira ceavoga Muros virou primeira, pero co noso equipo moi preto. No segundo longo Esteirana conseguiu acercarse un pouco máis a Muros, pero