Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta fegar

XVIII Bandeira SSG de Bateis

Imaxe
O vindeiro 15 de marzo ás 16:00h organizaremos a " XVIII Bandeira SSG de Bateis ". A regata está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Remo como unha regata da Liga Galega de Bateis - Zona Norte, na que participan clubs da provincia de Lugo e A Coruña, en todas as categorías, desde os máis cativos (alevíns) ata adultos (absolutos e veteranos).  Os clubs convidados a participar son o C.R. Celeiro, C.R. Narón, C.R. Ares, C.R. Cabo da Cruz, C.R. Cedeira, C.R. A Cabana-Ferrol, C.R. Muros, C.R. Puebla, C.R. Rianxo, C.D.M. Mera, C.M. Mugardos, C.R. Perillo, C.R.N. Riveira e a A.D. Esteirana Remo. En total daranse cita en Esteiro ao arredor de 100 tripulacións, sobre 500 deportistas de todas as idades, que virán a competir nesta proba. Dispútase unha bandeira masculina e outra feminina, que serán para os clubs que máis puntos obteñan logo de sumar os de todas as categorías.

Campionato Galego Xunta de Galicia Remo Indoor 2025. Carmiña Caamaño, Campiona Galega en categoría veterana feminina por segundo ano consecutivo

Imaxe
No día de hoxe organizouse no Complexo Polidepotivo de A Cachada, Boiro, o Campionato Galego Xunta de Galicia Remo Indoor 2025. Carmiña Caamaño coa medalla de Campiona Galega, xunto con outras compañeiras da A.D. Esteirana Rermo A programación do Campionato estaba confeccionada para que durante a mañá se realizaran as probas individuais, mentras que as probas por equipos estaban reservadas para a tarde. O número de participantes no Campionato foi moi alto, cun total de 880 inscricións entre individuais e por equipos. A A.D. Esteirana Remo participou cun total de 30 inscricións sumando as individuais e por equipos. O cadro de participación conformábano un total de 27 clubs de toda Galicia. A nivel de resultados debemos destacar o título de Campiona Galega en categoría individual veterana feminina obtido pola Presidenta da nosa entidade, Carmiña Caamaño . Deste xeito consegue revalidar o título obtido o ano pasado en Ribadeo. Tempos completos da categoría veterana feminina . Aparte d...

Uxía Saborido foi convocada pola Selección Galega para o Campionato de España por Autonomías

Imaxe
No día de hoxe recibimos a convocatoria oficial da Federación Galega de Remo na que anunciaban a lista de integrantes da Selección Galega que participará este vindeiro fin de semana no Campionato de España por Autonomías, que se celebrará en Castrelo de Miño (Ourense) . Na lista de seleccionados estaba a deportista da A.D. Esteirana Remo Uxía Saborido, que competirá na categoría absoluta na modalidade de 8+. Entre os seleccionados están tamén nomes coñecidos como os de Caetano Horta e Rodrigo Conde, remeiros galegos que participaron na pasada Olimpiada de París 2024. Lista completa de seleccionados na categoría absoluta .    Maite Figueroa (esq.) e Uxía Santiago (der.) no Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo do pasado 1 de febreiro  Os horarios dar probas son os seguintes:    

Carmiña Caamaño proclámase campiona galega de ergómetro na categoría veterana feminina

Imaxe
No día de hoxe celebrouse na localidade lucense de Ribadeo o Campionato Galego de Ergómetro 2024. A A.D. Esteirana Remo inscribía nesta competición á deportista veterana e Presidenta da nosa entidade, Carmiña Caamaño. A competición foi moi emocionante e os tempos finais foron moi axustados, xa que entre a primeira e a cuarta clasificada, que foi a deportista da Esteirana Remo, tan só houbo tres segundos e tres décimas de diferencia.  Unha vez aplicadas as compensación por idade Carmiña proclamouse campiona con certa distancia, posto que ela estaba encadrada na categoría F (de 60 a 64 anos) mentras que as súas rivais pertencían ás categorías C (de 43 a 49 anos) e D (de 50 a 54 anos). Neste enlace pódense consultar os tempos oficiais da proba .    

Eleccións á Presidencia da Federación Galega de Remo

Imaxe
  A Federación Galega de Remo (FEGAR) convocou para o día de onte, 10 de decembro de 2022, unha Asamblea Extraordinaria para a "Elección de Presidente e Comisión Delegada da Fegar".   A Asamblea foi convocada para as 11:00 horas en primeira convocatoria e as 11:30 horas en segunda, e tivo lugar na sede social da Federación Galega de Fútbol (UFEDEGA), antiga sede da Secretaría Xeral para o Deporte no Estadio de San Lázaro, en Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día: 1. Constitución da Mesa Electoral. 2. Constitución da Asemblea. 3. Presentación das persoas candidatas á Presidencia e exposición de Programas Electorais polos candidatos á Presidencia. 4. Elección do Presidente da FEGAR. 5. Elección da Comisión Delegada.   En representación da A.D. Esteirana Remo, como membro electo da Asamblea Xeral da Federación Galega de Remo polo estamento de clubs na modalidade de banco fixo,  asistiu a nosa Presidenta.   Os candidatos que se presentaban á presidencia d...