Campionado Provincial de Bateis da Coruña. O equipo alevín feminino da Esteirana Remo proclámase subcampión provincial e o xuvenil masculino do C.R. Urme proclámase campión

Durante esta fin de semena disputouse na Pobra do Caramiñal o Campionato Provincial de Bateis da Coruña 2024, onde os 4 primeiros clasificados de cada categoría obtiñan o pasaporte para disputar, a vindeira fin de semana, o Campionato Galego da especialidade.

Este campionato disputouse a dúas xornadas. O sábado eran as regatas eliminatorias, con dúas tantas de cinco equipos por categoría, que conseguiran o pase a estas eliminatorias por quedar entre os dez mellores equipos da Liga Galega de Bateis. O domingo as finais, cunha soa regata por categoría, formada polos dous primeiros clasificados de cada tanda eliminatoria do día anterior e, dos terceiros, o que conseguiu o mellor tempo. 
 
A A.D. Esteirana Remo participaba neste campionato cos seus tres equipos femininos (alevín, infantil e cadete) e o equipo alevín conseguiu o subcampionato provincial.
 
O C.R. Urme pola súa parte competía cos tres equipos masculinos, sub'23, absoluto e xuvenil, este último proclamándose campión provincial.
 
EQUIPO ALEVÍN FEMININO DA A.D. ESTEIRANA REMO COA MEDALLA DE SUBCAMPIÓN PROVINCIAL. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

ELIMINATORIAS DO SÁBADO.
 
Datos da competición (eliminatorias):

  • Regata: Eliminatorias do Campionato Provincial da Coruña
  • Competición: Campionato Provincial de Bateis 2024, clasificatorio para o Campionato Galego de Bateis 2024
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 5 boias
  • Lugar: Pobra do Caramiñal
  • Data: 13/04/2024
  • Hora: 11:00h
 
Nas eliminatorias do sábado tanto a A.D. Esteirana Remo coma o C.R. Urme conseguiron clasificar dous equipos para as finais do domingo. No caso da Esteirana Remo clasificáronse as alevíns e as cadetes femininas, mentras que pola súa banda Urme clasificaba ao equipo xuvenil e ao sub'23.

Nas eliminatorias do sábado, na categoría alevín feminina na que participaba o equipo da Esteirana, foi necesario repetir a regata por un erro dos árbitros xa que deron o inicio da mesma antes do horario previsto pola organización. Esto fixo que finalizada a tanda o C.R. Náutico de Riveira presentara unha reclamación que derivou na decisión de repetir a regata ao final da competición para darlle descanso as rapazas. Ou sexa, logo de que remaran todas as outras categorías.

Repetida a regata, o equipo alevín feminino finalizou no segundo posto co que obtivo o pase para a final do domingo. Remou na primeira quenda pola boia 1 e fixo un tempo final de 02:34,00.

O equipo infantil feminino da Esteirana remou na segunda quenda pola boia 2. Finalizou na décima posición cun tempo de 06:17,99 e non conseguiu a clasificación para o domingo.

Pola súa banda o equipo cadete feminino da Esteirana remou o sábado na segunda quenda pola boia 4 e quedou terceira cun tempo de 07:57,38, o que lles daba o pase por tempos, xa que melloraron o tempo das terceiras clasificadas da tanda 1 que fora o C.R. A Cabana.

En canto aos equipos de Urme, tanto os xuveniles coma os sub'23 tiveron pase directo para o domingo sen disputarse a regata debido a que só había 5 equipos de cada categoría.

O equipo absoluto de Urme remou na segunda tanda pola boia 4 e finalizou cun tempo de 09:42,74 que os deixaba fóra das finais do domingo ao ocupar a novena posición.

Datos da competición (finais):

  • Regata: Finais do Campionato Provincial da Coruña
  • Competición: Campionato Provincial de Bateis 2024, clasificatorio para o Campionato Galego de Bateis 2024
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 5 boias
  • Lugar: Pobra do Caramiñal
  • Data: 14/04/2024
  • Hora: 11:00h
 
Na categoría alevín feminina o equipo da A.D. Esteirana Remo proclamouse subcampión provincial ao finalizar segundo na final da categoría por detrás do C.M. de Mugardos. Remaron polo carreiro 5 e finalizaron cun tempo de 02:33,21 a menos de catro segundos das rapazas de Mugardos. Tal como viñan facendo durante toda a Liga Galega de Bateis, na que en case todas as regatas estiveron no podio, competiron moi ben e mantivéronse con opcións ata os últimos metros da regata.
 
O equipo cadete feminino da Esteirana Remo disputou a súa regata polo carreiro 4 e finalizaron na quinta posición cun tempo de 07:59,00.
 
En canto aos equipos do C.R. Urme, o equipo xuvenil masculino fixo unha grandísima regata e conseguiu proclamarse campión provincial. Disputou a súa regata pola boia 3 e xa desde o primeiro longo se puxeron en cabeza. Conseguiron gañar a regata cun tempo de 09:16,34, case dez segundos menos que o segundo clasificado.

O equipo sub'23 remou a súa final pola boia 4 e finalizou a regata cun tempo de 09:39,34, que os clasificaba na cuarta posición.

Con estos resultados tanto o equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo, coma o xuvenil e sub'23 masculinos do C.R. Urme conseguen o billete para o Campionato Galego de Bateis que se celebra o vindeiro fin de semana na Pobra do Caramiñal.

As aliñacións dos equipos de Esteirana Remo e de Urme foron as mesmas do día anterior.

FOTOS DAS ELIMINATORIAS DO SÁBADO 
 
FOTOS DAS FINAIS DO DOMINGO
 
EQUIPO XUVENIL MASCULINO DO C.R. URME COA BANDEIRA DE CAMPIÓN PROVINCIAL. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose