Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta administracións

A Deputación da Coruña concédelle á A.D. Esteirana Remo unha axuda para a mellora de equipamento deportivo

Imaxe
A Deputación da Coruña ven de publicar a resolución definitiva da concesión de axudas do " Programa FO104/2024 de subvencións a entidades deportivas da provincia sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo " . Ao abeiro deste programa de axudas a A.D. Esteirana Remo solicitara unha subvención co obxecto da " adquisición e adaptación de material deportivo para adestramentos e competición ", que se concretaba coa compra de 4 remos de batel extensibles, 13 bancadas e 13 estribos de fibra de carbono para traiñeira Amilibia e a rectificación da popa da traiñeira Hércules e pintado do barco.     A inversión total que realiza a A.D. Esteirana Remo na compra deste material e na modificación da traiñeira Hércules supon un total de 5.189,40€ , dos cales a Deputación da Coruña nos concede unha axuda do 80%, o que supón un total de 4.151,52€.

Recepción no Concello de Muros ao equipo de Muros-Esteirana pola consecución do título da Liga Galega de Traiñeiras B

Imaxe
O Concello de Muros organizou esta mañá unha recepción oficial para o equipo de Muros-Esteirana, actual campión do título da Liga Galega de Traiñeiras B. Das nove regatas das que se compoñía o calendario da LGT B neste 2023, Muros-Esteirana obtivo a bandeira de gañador en oito delas, conseguindo así o ascenso directo á primeira categoría do remo galego na categoría de traiñeiras.   A recepción, presidida pola alcaldesa María Lago, contou tamén coa presenza do responsable de deportes Damián Torea.      Por parte de Muros-Esteirana, acompañaron aos membros do equipo campión parte dos equipos directivos do C.R. Muros e da A.D. Esteirana Remo. Ademais do acto de recepción, por parte da alcaldía trasladóusenos a intención do Concello de Muros de continuar coa liña de colaboración que xa viña realizando tanto co C.R. Muros como coa A.D. Esteirana Remo e emprazáronnos a unha próxima reunión entre as directivas e a alcaldía. Desde a A.D. Esteirana Remo queremos agradecer o a...

Subvención da Deputación da Coruña para a adquisición dunha furgoneta

Imaxe
A Deputación Provincial da Coruña ven de publicar a resolución a través da cal aproba de xeito definitivo unha subvención á A.D. Esteirana Remo para a adquisición dunha furgoneta para o transporte de deportistas e material deportivo.   A axuda aprobada foi solicitada a través do " Programa FO104V-R: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS AOS CLUBS DE REMO DA PROVINCIA PARA ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS DE USO DEPORTIVO DURANTE O ANO 2022 ", e xa contaba con unha aprobación inicial no 2022 na cal a A.D. Esteirana Remo debería invertir 49.788,21€, dos cales a Deputación subvencionaba o 50,21% que supoñían 25.000€. No mes de decembro pasado solicitouse á Deputación unha modificación do investimento de acordo coas bases reguladoras das axudas, modificación que foi aprobada con esta resolución.   Finalmente para a adquisición deste vehículo a A.D. Esteirana Remo debe realizar unha inversión de 32.753,28€, dos cales a Deputación da Coruña subvencionará o 76,32% que ascende a un total de 25.000€. O veh...

Sinatura do convenio de colaboración co Concello de Muros

Imaxe
Esta mañá tivo lugar o acto de sinatura do convenio de colaboración entre a A.D. Esteirana Remo e o Concello de Muros para o ano 2023.   Foi un acto conxunto entre o concello e os dous clubs de remo do municipio, onde tamén se asinou por parte do concello un convenio similar co C.R. Muros.     Ao acto de sinatura asistiron por parte da Directiva da A.D. Esteirana Remo a Presidenta e a Secretaria da nosa entidade.   Fonte: Concello de Muros   A sinatura deste convenio, ademais da axuda para a actividade que realiza a nosa entidade, inclúe tamén o compromiso por parte da A.D. Esteirana Remo para continuar coa organización da Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras , que celebrará este verán en Esteiro a súa XVI edición. Esta edición estará encadrada na Liga Galega de Traiñeiras 'B', onde participará a traiñeira absoluta de Muros-Esteirana.   Desde a A.D. Esteirana Remo queremos mostrar o noso agradecemento ao Concello de Muros polo apoio e o compromiso co ...