Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

Debut de Muros-Esteirana no Grove

Imaxe
Esta mañá celebrouse no Grove o VIII Memorial Miguel Fernández Lores “Lagar”, organizada polo C.R. Mecos, onde fixo a súa estrea en competición a traiñeira absoluta masculina de Muros-Esteirana.     Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/   Na localidade arousana déronse cita 31 equipos, dos cales 17 eran absolutos másculinos, 6 absolutos femininos, 6 veteranos, 1 mixto e outro da escola de remo do club organizador. A regata era na modalidade de contra o reloxo e disputábase nun campo con formato  triangular. As condicións meteorolóxicas, con vento bastante forte do nordés que foi en aumento ao longo da mañá, dificultaron a actuación de todos os equipos. De feito, debido a estas circunstancias varias tripulacións foron penalizadas con 10 segundos por non coller a estacha na saída. Un dos equipos penalizados foi o de Muros-Esteirana.   Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando/ Muros-Esteirana rematou a proba cun tempo final de 23:50,75 no décimo quinto posto da xeral. Un bo debut

Anteproxecto de calendario de bateis e traiñeiriñas 2023

Imaxe
O pasado luns 9 de xaneiro celebrouse unha reunión dos clubs en Cabo da Cruz para acordar un calendario para as competicións de bateis e traiñeiriñas.   Como ven sendo habitual, as probas do calendario de bateis celebraranse nos meses de febreiro, marzo e abril, e as de traiñeiriñas durante o mes de maio, a excepción do Campionato de España desta última modalidade, que se traslada ao primeiro fin de semana de xuño.   Se o anteproxecto de calendario finalmente se confirma, a Asociación Deportiva Esteirana Remo organizará a XVI Bandeira Santiago Sur Galicia de bateis o sábado 8 de abril.  A continuación móstrase o que sería o calendario de bateis.     E así quedaría o de traiñeiriñas.       As datas que non teñen localidade aínda asignada están pendentes de definir.  

Resultados do VII Memorial Pepe "O Ruso" de traiñeiras (Bueu)

Imaxe
Esta mañá celebrouse en Bueu a contrarreloxo de pretemporada de traiñeiras VII Memorial Pepe "O Ruso", onde se concentraron 36 equipos de diversas categorías. A Asociación Deportiva Esteirana Remo participou coa traiñeira veterana mixta e obtivo un 6º posto na súa categoría. O equipo foi penalizado con 10" por tomar a saída sen coller a estacha.   (C) Tercos Meira   A mesma penalización que o equipo veterano mixto da Esteirana Remo tamén se lle aplicou aos equipos Cesantes (veterano), Tirán veterano, Chapela Veterano, Tirán "B" (absoluto) e Rianxo (absoluto).   Clasificación da regata da categoría de veteranos:   VETERANOS Posto Equipo Orde saída 1ª ceavoga 2ª ceavoga 3ª ceavoga Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior 1 CR CHAPELA 10 03:52:00 09:40:00 20:05:00 22:33,57 2 SD SAMERTOLAMEU 4 03:58:00 09:58:00 20:4

Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria

Imaxe
De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro sábado 28 de xaneiro ás 19:00h en primeira convocatoria e as 19:30h en segunda convocatoria.   A continuación pode visualizar o documento de convocatoria oficial do club, coa orde do día da Asamblea.    

Acordo de colaboración co C.R. Muros para a Liga Galega de Traiñeiras 2023

Imaxe
Tras varios meses de negociacións o Club de Remo Muros e a Asociación Deportiva Esteirana Remo alcanzaron un acordo de colaboración para participar de xeito conxunto na Liga Galega de Traiñeiras . Nos últimos anos os dous clubs viñan experimentando unha reducción no número de deportitas para participar nesta modalidade do banco fixo, o que animou ás directivas a que se empezaran a analizar propostas de proxectos conxuntos.   No ano 2022 xa se realizou unha primeira tentativa dunha traiñeira conxunta, pero finalmente a proposta non frutificou.   O acordo ao que chegan agora as directivas é en principio para a tempada 2023, pero coa visión posta en que este proxecto deportivo se poida consolidar en vindeiras tempadas coa creacion dun club en conxunto para seguir competindo nesta modalidade.     O proxecto a nivel deportivo estará liderado por Beni Fábregas, persoa con unha dilatada experiencia no mundo do remo tanto de remeiro coma de adestrador. O equipo

Premio no sorteo dos bares

Imaxe
O día de Reis a Asociación Deportiva Esteirana Remo sorteaba 500€ para o número que coincidira coas tres últimas cifas do primeiro premio do sorteo de Lotería Nacional do 'Neno'. O premio tocoulle a un veciño do Maio que asinara o número 603 no Areas Pub. Esta mañá a Directiva da Asociación Esteirana Remo facía entrega do premio no local onde se asinou. Parabéns para o agraciado!!!

FELIZ 2023!!!

Imaxe
A Asociación Deportiva Esteirana Remo deséxavos un 2023 cheo de saúde e benestar...