Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

Bo Nadal e Feliz Ano Novo

Imaxe

A traiñeira do C.R. URME (Muros-Esteirana) compite no Grove na primeira cita da pretemporada

Imaxe
Esta mañá celebrouse la localidade pontevedresa de O Grove a primeira regata de traiñeiras da pretemporada 2024, o IX Memorial Miguel Ángel Fernández Lores "Lagar". Como é habitual nas probas de pretemporada a regata foi en modalidade de contra o reloxo. A traiñeira absoluta do Club de Remo URME (Unión de Remeiros de Muros e Esteirana), traiñeira que competiu a temporada pasada por vez primeira e que o fixo co nome de Muros-Esteirana, acudiu á xa clásica cita do mes de decembro.       As condicións meteorolóxicas complicáronlle un pouco o traballo dos remeiros debido ao vento racheado que había e que, ao disputarse a regata nun campo triangular, en cada longo afectáballe ás embarcacións por costados distintos.   O equipo que competiu na traiñeira do C.R. URME (Muros-Esteirana) foi o seguinte:   Anxo (Proeiro) (B6)Simón - Xián(E6) (B5)Beni - Adrián(E5) (B4)Mateo - Javi(E4) (B3)Leo - Jonathan (E3) (B2)Luis - Xandre(E2) (B1)Lijó - Gabri(E1) Adriana (Patroa)     Remataron a regat

Adquisición de novo material subvencionado por una axuda da Deputación da Coruña

Imaxe
A Deputación da Coruña comunicou o pasado 26 de setembro a aprobación definitiva dunha subvención á A.D. Esteirana Remo para a compra de material de ximnasio e remos.   Con esta axuda a A.D. Esteirana Remo puido mercar tres ergómetros e unha bici estática para completar o material do ximnasio do club e remos de patrón de batel e de traiñeira.    

Colaborando coa ANPA do colexio Ricardo Tobío na organización dunha marathon e andaina

Imaxe
Esta mañá varios dos nosos deportistas veteranos e directivas colaboraron coa ANPA do colexio Ricardo Tobío na organización dunha marathon e andaina na que participaban os alumnos.     A xornada estivo organizada na honra de Kathrine Switzer , a primeira muller que correu a Marathon de Boston no ano 1967, proba que estaba exclusivamente destinada a participantes masculinos. Todos os participantes levaban no dorsal o número 261, que foi o número co que participou Kathrine nesa edición da Marathon de Boston.   Esta proba foi organizada pola ANPA dentro dos eventos relacionados co 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .

Reunión de inicio de temporada o sábado 14/10/2023 ás 19:00h. Se tes máis de 16 anos ven probar aínda que nunca fixeras deporte

Imaxe
Reunión de inicio de temporada do equipo sénior de Muros-Esteirana.   Fonte: https://ligalgt.com Día: 14/10/2023 Hora: 19:00h .  Lugar: Local da A.D. Esteirana Remo, Porto de Esteiro . Requisitos: simplemente ter máis de 16 anos .   Nunca remastes: NON IMPORTA. Nunca fixestes derporte: NON IMPORTA.   Se tes curiosidade e che apetece facer deporte en equipo ven a ver o ambiente e proba. ÚNETE AO EQUIPO CAMPIÓN DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS 'B' 2023!!

Recepción no Concello de Muros ao equipo de Muros-Esteirana pola consecución do título da Liga Galega de Traiñeiras B

Imaxe
O Concello de Muros organizou esta mañá unha recepción oficial para o equipo de Muros-Esteirana, actual campión do título da Liga Galega de Traiñeiras B. Das nove regatas das que se compoñía o calendario da LGT B neste 2023, Muros-Esteirana obtivo a bandeira de gañador en oito delas, conseguindo así o ascenso directo á primeira categoría do remo galego na categoría de traiñeiras.   A recepción, presidida pola alcaldesa María Lago, contou tamén coa presenza do responsable de deportes Damián Torea.      Por parte de Muros-Esteirana, acompañaron aos membros do equipo campión parte dos equipos directivos do C.R. Muros e da A.D. Esteirana Remo. Ademais do acto de recepción, por parte da alcaldía trasladóusenos a intención do Concello de Muros de continuar coa liña de colaboración que xa viña realizando tanto co C.R. Muros como coa A.D. Esteirana Remo e emprazáronnos a unha próxima reunión entre as directivas e a alcaldía. Desde a A.D. Esteirana Remo queremos agradecer o acto do día de hoxe

Finaliza a Escola de Remo 2023

Imaxe
Hoxe finalizou a Escola de Remo 2023.   A Directiva da A.D. Esteirana Remo quere agradecer a confianza depositada polas familias das nenas e nenos que participaron , tanto na nosa entidade coma no traballo dos monitores e axudantes que estiveron a fronte desta actividade .     Durante os dous meses que se desenvolveu a actividade da escola de remo houbo unha participación de 33 nenas e 14 nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos.   Os rapaces, aparte das actividades máis propias do mundo do remo, tamén participaron doutro tipo de actividades como xogos, excursións e algunha pequena festiña ou celebración.     Desde o punto de vista máis deportivo, tamén participaron en algunha competición que realizamos entre eles, tanto en terra coma no mar. En terra houbo un campionato de ergómetro e no mar algunha que outra regatiña de bateis.     Hoxe que foi o último día da actividade organizamos unha travesía a remo ata a Creba, posteriormente unha batalla de globos de auga e finali

Muros-Esteirana recolle a bandeira de campión da Liga Galega de Traiñeiras B e o premio ao equipo revelación da temporada

Imaxe
  Fonte: https://ligalgt.com Coincidindo coa regata final da LGT A e LGT Feminina, esta tarde tivo lugar en Ares o acto de entrega das bandeiras de campións de cada unha das ligas de traiñeiras que se viñeron disputando durante todo o verán.    No acto, ademais de recoller a bandeira que o acreditaba como equipo campión da Liga Galega de Traiñeiras B, Muros-Esteirana recibía tamén o galardón ao equipo revelación da temporada. Este galardón decidíase por votación dos 25 equipos que competiron nas tres categorías da LGT (liga A, B e feminina).   PARABÉNS MUROS-ESTEIRANA!!!!  Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com

Un 9º posto na final do Teresa Herrera 2023 é o colofón á magnífica temporada da traiñeira de Muros-Esteirana na que se proclamou campiona da LGT B

Imaxe
  TERESA HERRERA 2023 Regata Final. Formato contra reloxo. Non puntuable para a LGT.    Fonte: https://ligalgt.com Data e hora da regata: 20/08/2023, 12:00h. Lugar: A Coruña. Competición: Final do Teresa Herrera 2023. Regata en formato contra reloxo debido a un problema nas balizas exteriores.   Condicións do campo de regatas:   Vento frouxo e mar en calma.  Aliñación: Equipo Muros-Esteirana absoluto nesta regata . Quenda e carreiro:   Quenda única. 3º na orde de saída da proba.   Clasificación na regata: 9º posto na xeral da regata .   Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/  

A traiñeira de Muros-Esteirana consegue a victoria na última regata puntuable de LGT B e clasifícase para a final do Teresa Herrera 2023

Imaxe
  TERESA HERRERA 2023 Contra reloxo clasificatoria e puntuable para a LGT B   Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/ Data e hora da regata: 19/08/2023, 18:00h. Lugar: A Coruña. Competición: Contra reloxo, derradeira regata puntuable para a LGT B e clasificatoria para a final do Teresa Herrera 2023.   Condicións do campo de regatas:   Vento frouxo e mar en calma.  Aliñación: Equipo Muros-Esteirana absoluto nesta regata . Quenda e carreiro:   Quenda LGT B. 6º na orde de saída.   Clasificación na regata: 1º posto na xeral da regata . Clasificación xeral na liga despois da disputa desta regata: 1º posto . Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://es-es.facebook.com/Remeirando/

A traiñeira de Muros-Esteirana vence na "I Bandeira Concello de Ribeira" e proclámase campión da Liga Galega de Traiñeiras B

Imaxe
I BANDEIRA CONCELLO DE RIBEIRA     Fonte: https://ligalgt.com   Data e hora da regata: 13/08/2023, 11:30h. Lugar: Aguiño (Ribeira). Competición: I Bandeira Concello de Ribeira (Liga LGT B).   Condicións do campo de regatas:   Vento frouxo.  Aliñación: Equipo Muros-Esteirana absoluto nesta regata . Quenda e carreiro:   2ª quenda, carreiro 2.   Clasificación na regata: 1º posto na tanda e 1º posto na xeral da regata . Clasificación xeral na liga despois da disputa desta regata: 1º posto . Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com

Primeiro posto da traiñeira Muros-Esteirana na "VII Bandeira Muros de San Pedro"

Imaxe
  VII BANDEIRA MUROS DE SAN PEDRO   Fonte: https://ligalgt.com   Data e hora da regata: 05/08/2023, 18:00h. Lugar: Muros. Competición: VII Bandeira Muros de San Pedro (Liga LGT B).   Condicións do campo de regatas:   Vento moderado.  Aliñación: Equipo Muros-Esteirana absoluto nesta regata . Quenda e carreiro:   2ª quenda, carreiro 1.   Clasificación na regata: 1º posto na tanda e 1º posto na xeral da regata . Clasificación xeral na liga despois da disputa desta regata: 1º posto .   Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com Fonte: https://ligalgt.com