Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

"V Bandeira Concello de Ribeira" de bateis

Imaxe
Debido as malas condicións meteorolóxicas que sufrimos onte en toda a costa de Galicia, o C.R. Narón viuse na obriga de suspeder a "XXV Trofeo de Bateis Cidade de Narón".   No día de hoxe as condicións eran moi distintas e o Clube de Remo Náutico de Riveira foi quen de organizar sen percances a "V Bandeira Concello de Ribeira de bateis".   Como adoitamos facer nestas últimas semanas, a A.D. Esteirana Remo acudiu á cita coas súas tres tripulacións. Dúas alevíns femininas e a cadete masculina.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   Hai que subliñar que o equipo cadete masculino tivo que competir sen un dos seus deportistas habituais, Leo Fernández, debido a unha lesión que esperemos que o teña apartado das bancadas o menor tempo posible, e ao que lle desexamos unha rápida recuperación, o mesmo que fixeron os seus compañeiros de equipo, así como as compañeiras e compañeiros do C.R. Muros aos que agradecemos o fermoso xesto. Fonte https://www.facebook.com/moit

"VIII Banderia Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo" de bateis

Imaxe
A Liguiña Norte de Bateis celebrou a quinta xornada en Rianxo, a onde se desprazaron os equipos da zona norte para disputar a "VIII Banderia Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo" de bateis.   A proba disputouse nun campo tradicional de 500 m. e 5 carreiros.   A A.D. Esteirana Remo participou na proba cos dous equipos de categoría alevín feminina e co equipo cadete masculino. Recordar tamén que catro remeiras do noso club, dúas cadetes (María Cao e Noelia García) e dúas xuvenís (Aroa Saborido e Lola Piñeiro), reman cedidas no C.R. Muros debido a que non se puido completar tripulacións de batel cadete e xuvenil feminina da A.D. Esteirana Remo esta temporada.   Pola súa banda o C.R. Muros cédenos á A.D. Esteirana Remo dous deportistas da categoría cadete masculina para completar o noso equipo desa categoría. No referente ás regatas da quinta xornada da Liguiña Norte, na categoría alevín feminina, un dos nosos equipos remou na segunda quenda polo carreiro 2 e finalizo

Resultados da "Bandeira Concello de Ares" de bateis

Imaxe
A Liga Territorial Norte de bateis traladouse esta fin de semana á localidade de Ares onde se celebrou a "Bandeira Concello de Ares".   A A.D. Esteirana Remo acudía a esta cita cos dous equipos alevíns femininos e co equipo cadete masculino. Un dos equipos alevíns femininos participou na segunda tanda, onde acabaron de quintas con un tempo de 03:39,26, que lles supuxo un 9º posto na clasificación xeral. Pola súa banda, o outro equipo alevín feminino paticipou na terceira tanda, conseguindo un cuarto posto con un tempo de 04:07,34 que as posicionaba no posto 12º da clasifiación xeral da categoría.   O equipo cadete masculino participou na primeira das quendas onde obtivo a victoria desa quenda nun apretadísimo final co C.R. Mugardos, que entraba a pouco máis de un segundo do noso equipo. O tempo do equipo da Esteirana foi de 8:01,47, que finalmente na xeral os colocaba de 8º. Pódense descargar todos os tempos desta competición desde o seguinte enlace (fonte @inforemobancofijo)

Resultados do "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera"

Imaxe
Este sábado disputouse na localidade vasca de Orio o "ORIAren XXIX Traineru Jaitsiera" (XXIX Descenso de Traineras do Oria).   Nesta edición déronse cita 69 embarcación das cales 9 eran llaguts cataláns e o resto traiñeiras, unha das cales representaba á A.D. Esteirana Remo co seu equipo veterano mixto.     Por categorías, das 69 embarcacións participantes 29 eran de veteranos, dentro das cales había 15 equipos veteranos masculinos, 1 feminino e 13 mixtos.   As condicións meteorolóxicas foron de choiva constante, que non parou durante toda a duración da regata, pero sen vento.     A proba era na modalidade de contra o reloxo na que as tripulacións ían saíndo de minuto en minuto. A distancia a percorrer era de 4.000 metros para llaguts, veteranos e sénior femininas, mentras que para a sénior masculina era de 6.000 metros.   A traiñeira da A.D. Esteirana Remo tiña o número 11 na orde de saída. Por diante só saía a traiñeira feminina do C.R. Puebla e todos os llaguts cataláns.

Escudo Muros-Esteirana

Imaxe
  Este vai ser o escudo que represente ao equipo de Muros-Esteirana, que esta temporada competirá na Liga Galega de Traiñeiras 'B'.   É un deseño minimalista pero que conserva elementos dos escudos orixinais do C.R. Muros e da A.D. Esteirana Remo.

Feliz día a todas!

Imaxe
  Feliz día a todas!

Resultados da VI Bandeira de Bateis Concello de Boiro

Imaxe
Esta tarde celebrouse en Cabo da Cruz unha nova xornada da Liguiña Territorial Norte de bateis.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Nesta ocasión a A.D. Esteirana Remo participou con tres tripulacións, dúas na categoría alevín feminina e outra na categoría cadete masculina.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose As chicas da categoría alevín finalizaron no sétimo posto unha das tripulacións, con un tempo de 03:39,2 e no décimo terceiro a outra, con un tempo de 04:46,9.   Pola súa banda os rapaces da categoría cadete finalizaron na décimo primeira posición con un tempo de 08:03,3.    O club gañador da bandeira foi finalmente o club anfitrión, tanto en categoría masculina como feminina. No seguinte enlace pódense descargar os resultados completos de todas as categorías, facilitados polo club organizador: https://drive.google.com/file/d/1tdj-y4QInr0rCeLU-giryXAk4G2bCUaD/view?usp=sharing

Plantando árbores coa Comunidade de Montes de Esteiro

Imaxe
A Comunidade de Montes fixo un chamamento fai uns días a través das súas redes sociais para solicitar axuda ao resto de asociacións de Esteiro e veciños, para que participáramos nunha xornada de plantación de árbores autóctonas.    A xornada en cuestión tivo lugar na mañá de hoxe e varias directivas e directivos da A.D. Esteirana Remo sumáronse aos traballos dirixidos polos membros da Comunidade de Montes.   Os traballos de plantación empezaron ás dez da mañá e duraron ata o mediodía, momento no que a Comunidade de Montes convidou aos colaboradores a unha parva para recuperar forzas logo do intenso traballo.