Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta eleccións

Convocatoria de Asamblea Xeral Extraordinaria para a elección da Presidencia da Asociación Deportiva Esteirana Remo

Imaxe
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA De conformidade co disposto nos Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo, convócase a todos os socios e socias á celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar o día 29 de agosto de 2026 no pavillón Xosé Manuel Saborido Núñez ‘Fino’, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria. Orde do día: 1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2. Elección da Presidencia da Asociación Deportiva Esteirana Remo. 3. Rogos e preguntas. Na comunicación de apertura do proceso electoral indicábase como data prevista para a celebración desta Asemblea o día 30 de agosto de 2026. Porén, a Xunta Directiva acordou adiantar a súa celebración ao 29 de agosto de 2026, debido a que o día 30 terá lugar a xornada de clausura da Liga Galega de Traiñeiras, na que a Asociación Deportiva Esteirana Remo debe participar e na que resulta necesario garantir a adecuada representación institucional da entidade...

COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PROCESO ELECTORAL

Imaxe
COMUNICACIÓN DE APERTURA DO PROCESO ELECTORAL A Xunta Directiva da Asociación Deportiva Esteirana Remo acordou o inicio do proceso electoral para a elección da Presidencia da entidade, de conformidade co establecido nos Estatutos sociais. Prazo de presentación de candidaturas Ábrese un prazo de 15 días hábiles para a presentación de candidaturas á Presidencia da Asociación, que comprenderá o período entre o 3 de agosto e o 21 de agosto de 2026, ambos inclusive. As candidaturas deberán presentarse por escrito, firmadas, facendo constar a seguinte información: Nome, apelidos, DNI e número de socio da persoa candidata á Presidencia. Nome, apelidos, DNI e número de socio das demais persoas que compoñen o equipo directivo candidato. Información de contacto: correo electrónico e/ou postal e número de teléfono. As candidaturas poderán presentarse por correo postal certificado ou por correo electrónico. Non serán aceptadas candidaturas que non cheguen con todos os datos solicitados ou sen firm...

Eleccións á Presidencia da Federación Galega de Remo

Imaxe
  A Federación Galega de Remo (FEGAR) convocou para o día de onte, 10 de decembro de 2022, unha Asamblea Extraordinaria para a "Elección de Presidente e Comisión Delegada da Fegar".   A Asamblea foi convocada para as 11:00 horas en primeira convocatoria e as 11:30 horas en segunda, e tivo lugar na sede social da Federación Galega de Fútbol (UFEDEGA), antiga sede da Secretaría Xeral para o Deporte no Estadio de San Lázaro, en Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día: 1. Constitución da Mesa Electoral. 2. Constitución da Asemblea. 3. Presentación das persoas candidatas á Presidencia e exposición de Programas Electorais polos candidatos á Presidencia. 4. Elección do Presidente da FEGAR. 5. Elección da Comisión Delegada.   En representación da A.D. Esteirana Remo, como membro electo da Asamblea Xeral da Federación Galega de Remo polo estamento de clubs na modalidade de banco fixo,  asistiu a nosa Presidenta.   Os candidatos que se presentaban á presidencia d...