Publicacións

Adquisición de dous barcos de remo de mar e material de ximnasio

Imaxe
A Asociación Deportiva Esteirana Remo solicitou este ano unha axuda á Deputación da Coruña, con cargo á convocatoria " (FO104/2022) Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2022 ", para a adquisición de dous barcos de remo de mar (un skiff e un dobre) e un ergómetro. O investimento total do material adquirido ascende a 12.968,50€, polos cales a Esteirana Remo percibirá unha subvención de 8.000€. Dita subvención foi concedida de xeito definitivo no mes de setembro e publicada no BOP do 19 de setembro . O ergómetro Concept 2 xa fora recibido fai uns meses e xa se está a utilizar no club, e esta semana recibimos tamén os dous barcos xunto cos seus remos. Os barcos foron fabricados en Portugal pola empresa AveRowing Boats, especializada neste tipo de embarcacións. Estas son algunhas imaxes do material adquirido.  

Varias directivas e remeir@s da Esteirana Remo participan na "Andaina e foliada pola igualdade" organizada pola ANPA do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío.

Imaxe
  Co motivo do Día da Infancia , que se celebra o 20 de novembro, e do Día pola Eliminación da Violencia de Xénero , que será o vindeiro 25 de novembro, a ANPA do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío organizou no día de onte unha "Andaina e foliada pola igualdade" . A Esteirana Remo tamén quixo ser partícipe xunto coas outras asociacións da nosa vila, polo que varias directivas e remeir@s uníronse ao evento unha vez rematado o entrenamento do equipo veterano.     O percorrido da andaina iniciábase na Casa da Sociedade e pasaba por Trión, o cemiterio, Solleiros, viveiro de árbores da Comunidade de Montes e volta á Casa da Sociedade.     No viveiro da Comunidade de Montes membros desa organización déronlle unha charla aos cativos sobre árbores autóctonas e agasallaron a cada cativo cunha árbore.    Finalmente a actividade rematou na Casa da Sociedade cunha foliada e un pequeno xantar.   Na actividade participaron ao arredor de 150 persoas entre nenos e adultos.

O equipo veterano mixto acada o 3º posto na "Arraunlari Beteranoen III. Topaketa" en Mundaka

Imaxe
Este fin de semana o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo viaxou ao País Vasco a participar no " III Encontro de Remeiros Veteranos " que se celebrou na localidade de Mundaka (Bizkaia) o sábado 22 de outubro.     O evento foi unha mestura de competición e acto cultural e festivo no que se celebraron dúas regatas (unha contrarreloxo e outra na modalidade de 'sprint'), demostracións e competicións de outros deportes tradicionais vascos, comida e cea conxuntas dos equipos participantes e ata un concerto.   No encontro participaron un total de quince equipos, dos cales once eran vascos, un alicantino, outro catalán e dous galegos (a S.D. Tirán e a A.D. Esteirana Remo). A regata da mañá celebrouse na modalidade de contrarreloxo e o equipo mixto da A.D. Esteirana Remo, como se pode ver na seguinte táboa clasificatoria, rematou no 3º posto.  Posto Orde saída Equipo Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior