Varias directivas e remeir@s da Esteirana Remo participan na "Andaina e foliada pola igualdade" organizada pola ANPA do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío.

 

Co motivo do Día da Infancia, que se celebra o 20 de novembro, e do Día pola Eliminación da Violencia de Xénero, que será o vindeiro 25 de novembro, a ANPA do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío organizou no día de onte unha "Andaina e foliada pola igualdade".

A Esteirana Remo tamén quixo ser partícipe xunto coas outras asociacións da nosa vila, polo que varias directivas e remeir@s uníronse ao evento unha vez rematado o entrenamento do equipo veterano.

 

 

O percorrido da andaina iniciábase na Casa da Sociedade e pasaba por Trión, o cemiterio, Solleiros, viveiro de árbores da Comunidade de Montes e volta á Casa da Sociedade.

 


 

No viveiro da Comunidade de Montes membros desa organización déronlle unha charla aos cativos sobre árbores autóctonas e agasallaron a cada cativo cunha árbore. 

 


Finalmente a actividade rematou na Casa da Sociedade cunha foliada e un pequeno xantar.

 



Na actividade participaron ao arredor de 150 persoas entre nenos e adultos.