O equipo veterano mixto acada o 3º posto na "Arraunlari Beteranoen III. Topaketa" en Mundaka

Este fin de semana o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo viaxou ao País Vasco a participar no "III Encontro de Remeiros Veteranos" que se celebrou na localidade de Mundaka (Bizkaia) o sábado 22 de outubro.

 


 

O evento foi unha mestura de competición e acto cultural e festivo no que se celebraron dúas regatas (unha contrarreloxo e outra na modalidade de 'sprint'), demostracións e competicións de outros deportes tradicionais vascos, comida e cea conxuntas dos equipos participantes e ata un concerto.

 

No encontro participaron un total de quince equipos, dos cales once eran vascos, un alicantino, outro catalán e dous galegos (a S.D. Tirán e a A.D. Esteirana Remo).


A regata da mañá celebrouse na modalidade de contrarreloxo e o equipo mixto da A.D. Esteirana Remo, como se pode ver na seguinte táboa clasificatoria, rematou no 3º posto. 


Posto Orde saída Equipo Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior
1º 4 TIRÁN-PEREIRA 13:07,96

2º 14 BILBAO 13:08,52 00:00,56 00:00,56
3º 5 A.D. ESTEIRANA REMO 13:15,52 00:07,56 00:07,00
4º 15 MUNDAKA 13:21,19 00:13,23 00:05,67
5º 2 SANTURTZI 13:25,25 00:17,29 00:04,06
6º 6 ALICANTE 13:25,99 00:18,03 00:00,74
7º 3 CAMBRILS 13:35,66 00:27,70 00:09,67
8º 9 PLENTZIA 13:37,39 00:29,43 00:01,73
9º 13 IBERIA 13:51,63 00:43,67 00:14,24
10º 10 ZUMAIA 14:00,57 00:52,61 00:08,94
11º 11 BADOK13 14:05,62 00:57,66 00:05,05
12º 7 IBAIALDE 14:22,68 01:14,72 00:17,06
13º 12 GETXO 14:24,19 01:16,23 00:01,51
14º 8 SESTAO 14:36,63 01:28,67 00:12,44
15º 1 AIZBURUA 14:58,13 01:50,17 00:21,50


A competición da tarde celebrouse na modalidade de sprints en liña eliminatorios, con enfrentamentos directos de dous en dous según a clasificación da regata da mañá. Ao ser un número de equipos impar acordouse na reunión de delegados previa á regata que o primeiro clasificado da mañá pasaba directo á segunda ronda de sprints sen competir na primeira. 

 

A A.D. Esteirana Remo chegou a semifinais nesta competición de sprints, onde caeu diante da S.D. Tirán-Pereira, equipo que logo se proclamaría tamén campión nesta modalidade na final que o enfrentou aos locales de Mundaka.


Por último sinalar que, para facilitar a loxística da viaxe, o noso equipo viaxou sen traiñeira e competiu cunha prestada polo equipo local de Mundaka.