Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026
Imaxe
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo 43, Esteiro, o vindeiro sábado 31 de xaneiro ás 20:00h en primeira convocatoria e as 20:30h en segunda convocatoria. ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA: Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Resumo actividade deportiva da temporada 2025. Balance contable da temporada 2025. Proxecto deportivo para a temporada 2026. Orzamento temporada 2026. Finalización do proxecto de colaboración co C.R. Muros. Autorización á Presidenta e á Secretaria para outorgar poderes ante notario para procedementos xudiciais. Rogos e preguntas. En Esteiro a 16 de xaneiro de 2026. A PRESIDENTA