Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Campionato de España

LXXVIII Campionato de España de Traiñeiras. 1º posto para o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo.

Imaxe
DATOS DA COMPETICIÓN: Regata:  Campionato de España de Traiñeiras. Competición:  Campionato de España de Traiñeiras. Modalidade:  Traiñeiras. Categorías:  Absoluta e veterana, masculina, feminina e mixta. Tipo regata : Campo tradicional de 5.556m, 4 longos e 3 ceavogas. 2 longos e 1 ceavoga para veteranos. Lugar:  Castro Urdiales (Cantabria). Data:  14-15/06/2025 Hora:  Eliminatorias do sábado ás 11:00h, finais do domingo ás 11:00h.   Carmiña Caamaño, Presidenta e remeira da traiñeira da A.D. Esteirana remo que conseguiu o título de campión de España FINAIS DO 15/06/2025 (final directa): A.D. ESTEIRANA REMO (veterana mixta): TRIPULACIÓN:  Uxío Mayo (B1), Antonio Otero (B2),  Lidia Nieto  (B3), David Torea (B4),  Marta Rodríguez  (B5), Teresa Rivadeneira (B6),  Iván Teijeiro  (Proa), "Marinela" Romero (E1), Óscar Rodríguez  (E2), Juan Carlos Díaz  (E3), Juan Caamaño "Calde"  (E4),  "Carmiña" Ca...

O 8+ absoluto feminino da Selección Galega do que formaba parte Uxía Saborido consegue a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Imaxe
Datos da competición: Regata: Campionato de España de Seleccións Autonómicas Competición: Campionato de España de Seleccións Autonómicas Modalidade: remo olímpico Categorías: cadete, xuvenil e absoluta Tipo regata : 1.000m Lugar: Castrelo de Miño (Ourense) Data: 09/02/2025 Hora: 11:00h   No día de hoxe disputábase en Castrelo de Miño (Ourense) o Campionato de España por Autonomías de remo olímpico.     Uxía Saborido (segunda pola esquerda), coas compañeiras da Selección Galega que obtiveron a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas   Como xa contábamos fai uns días , Uxía Saborido fora convocada pola Selección Galega para participar no equipo feminino na modalidade 8+, equipo que conseguiu a 3ª posición e, polo tanto, medalla de bronce.     Uxía Saborido coa medalla conseguida hoxe   Máis información na web da Federación Española de Remo .

Uxía Saborido foi convocada pola Selección Galega para o Campionato de España por Autonomías

Imaxe
No día de hoxe recibimos a convocatoria oficial da Federación Galega de Remo na que anunciaban a lista de integrantes da Selección Galega que participará este vindeiro fin de semana no Campionato de España por Autonomías, que se celebrará en Castrelo de Miño (Ourense) . Na lista de seleccionados estaba a deportista da A.D. Esteirana Remo Uxía Saborido, que competirá na categoría absoluta na modalidade de 8+. Entre os seleccionados están tamén nomes coñecidos como os de Caetano Horta e Rodrigo Conde, remeiros galegos que participaron na pasada Olimpiada de París 2024. Lista completa de seleccionados na categoría absoluta .    Maite Figueroa (esq.) e Uxía Santiago (der.) no Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo do pasado 1 de febreiro  Os horarios dar probas son os seguintes:    

Campionato de España de Traiñeiriñas: o C.R. Urme consegue o 7º posto na categoría xuvenil masculina

Imaxe
  XORNADAS ELIMINATORIAS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRAIÑEIRIÑAS Datos da competición: Regata: eliminatorias do Campionato de España Competición: Campionato de España 2024 Modalidade:  traiñeiriñas Categorías:  cadete, xuvenil e absoluto Tipo regata : campo tradicional de 4 boias Lugar: Meira (Moaña) Data: 25/05/2024 Hora:  17:00h   Xornada de eliminatorias do Campionato de España de Traiñeiriñas 2024 en Meira, para a cal conseguira a clasificación o equipo xuvenil do C.R. Urme. C ompetiu na segunda quenda pola boia 1. Completou a regata cun tempo final de 14:23,31 finalizando na cuarta posición da quenda. Con ese resultado non conseguían a clasificación para a final A do día seguinte e tería que participar na B. Aliñación do equipo do C.R. Urme nesta regata . Tempos completos das " Eliminatorias do Campionato de España de Traiñeiriñas "  (fonte  @inforemobancofijo ).   Fonte  https://www.facebook.com/moitoremojose     FINA...