Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta remo olímpico

O 8+ absoluto feminino da Selección Galega do que formaba parte Uxía Saborido consegue a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Imaxe
Datos da competición: Regata: Campionato de España de Seleccións Autonómicas Competición: Campionato de España de Seleccións Autonómicas Modalidade: remo olímpico Categorías: cadete, xuvenil e absoluta Tipo regata : 1.000m Lugar: Castrelo de Miño (Ourense) Data: 09/02/2025 Hora: 11:00h   No día de hoxe disputábase en Castrelo de Miño (Ourense) o Campionato de España por Autonomías de remo olímpico.     Uxía Saborido (segunda pola esquerda), coas compañeiras da Selección Galega que obtiveron a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas   Como xa contábamos fai uns días , Uxía Saborido fora convocada pola Selección Galega para participar no equipo feminino na modalidade 8+, equipo que conseguiu a 3ª posición e, polo tanto, medalla de bronce.     Uxía Saborido coa medalla conseguida hoxe   Máis información na web da Federación Española de Remo .

Uxía Saborido foi convocada pola Selección Galega para o Campionato de España por Autonomías

Imaxe
No día de hoxe recibimos a convocatoria oficial da Federación Galega de Remo na que anunciaban a lista de integrantes da Selección Galega que participará este vindeiro fin de semana no Campionato de España por Autonomías, que se celebrará en Castrelo de Miño (Ourense) . Na lista de seleccionados estaba a deportista da A.D. Esteirana Remo Uxía Saborido, que competirá na categoría absoluta na modalidade de 8+. Entre os seleccionados están tamén nomes coñecidos como os de Caetano Horta e Rodrigo Conde, remeiros galegos que participaron na pasada Olimpiada de París 2024. Lista completa de seleccionados na categoría absoluta .    Maite Figueroa (esq.) e Uxía Santiago (der.) no Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo do pasado 1 de febreiro  Os horarios dar probas son os seguintes:    

Uxía Saborido sexta clasificada, Maite Figueroa oitava, no Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo

Imaxe
Datos da competición: Regata: Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo Competición: Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo Modalidade: Remo Olímpico (banco móbil) Categorías: cadete, xuvenil, absoluto e remo adaptado Tipo regata : 5.500 m. Lugar: Rio Miño, Tui-Pontevedra (Centro Interfederado de Tui) Data: 01/02/2025 Hora: 11:00h    Esta mañá Maite Figueroa e Uxía saborido competiron no " Campionato Galego Xunta de Galicia de Fondo ", de remo olímpico, que se celebrou en Tui. A regata disputábase nunha distancia de 5.500m.   As dúas participaron na modalidade de skiff (1x). Maite competía na categoría xuvenil e finalizou nunha meritoria oitava posición tendo en conta o pouco tempo que leva practicando esta disciplina, mentras que Uxía, competindo na categoría absoluta foi sexta clasificada. Os tempos oficiais son os seguintes:   1x xuvenil feminino . 1x absoluto feminino .

Maite Figueroa participa no "I Stage de Tecnificación" da Federación Galega de Remo

Imaxe
A Federación Galega de Remo organizou no día de onte un "STAGE DE CAPTACIÓN DE TALENTOS PARA A SELECCIÓN GALEGA 2025". Neste evento, limitado a 12 remeiras e outros 12 remeiros, podíanse inscribir deportistas nados entre os anos 2007 e 2010. A A.D. Esteirana Remo inscribiu no evento a Maite Figueroa, unha das remeiras das categorías de formación do club, que o ano que ven pasa a ser xuvenil.   Maite entrenando no foso do noso club O evento organizábase no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, desde as 09:00h ata as 19:00 horas. No seguinte vídeo vese parte do traballo realizado durante o día de onte, neste caso nun W8+, no que Maite remaba na posición nº 5.   Un día cheo de actividades e de formación xunto con deportistas de outros clubs, do que seguro se empapou para ser unha mellor versión de ela mesma.

Campionato Galego de Remo Olímpico. 4º posto para o 2x veterano masculino da Esteirana Remo

Imaxe
Datos da competición: Regata: Campionato Galego de Remo Olímpico Competición: Campionato Galego de Remo Olímpico - Copa Xunta de Galicia Modalidade: banco móbil (remo olímpico) Categorías: veteranos Tipo regata : campo tradicional de 6 rúas Lugar: Castrelo de Miño (Ourense) Data: 29/06/2024 Hora: 10:00h   Esta mañá celebrábase na localidade de Castrelo de Miño o Campionato Galego de Remo Olímpico - Copa Xunta de Galicia.  A A.D. Esteirana Remo participou nesta competición cun doble scull (2x) veterano masculino, formado por Carlos Martínez Boubeta e David Torea Moledo.   Fonte: https://www.facebook.com/Remeirando Competiron na primeira das dúas quendas desta modalidade pola rúa 6, e obtiveron un 2º posto nesa quenda. Na clasificación xeral da regata colleitaron o 4º posto. Desde a Asociación Deportiva Esteirana Remo queremos expresar o noso máis profundo agradecemento ao Club do Mar de Noia, que nos cedeu o bote no que competiu o equipo da Esteirana nesta regata. ...