Club de Remo URME
Na tempada 2023 o Club de Remo Muros e a Asociación Deportiva Esteirana Remo firmaron un acordo de colaboración para poder participar na Liga Galega de Traiñeiras cun equipo formado por deportistas das dúas entidades.
Chegouse a este acordo co obxectivo de resolver as dificultades que viñan sufrindo os dous clubs os anos anteriores para completar equipos con garantías que poideran participar na Liga Galega de Traiñeiras.
Aínda que a iniciativa das dúas Directivas era a de promover a creación dun novo club para competir na Liga, a falta de tempo material para levar a cabo toda a tramitación administrativa fixo que na tempada 2023 a inscrición se realizara como Asociación Deportiva Esteirana Remo, aínda que o equipo competíu co nome comercial de Muros-Esteirana.
Xa finalizada a LGT 2023, en Asamblea celebrada o 18 de outubro de 2023, fúndase o Club de Remo URME, que recibe o seu nome do acrónimo “Unión de Remeiros de Muros e Esteirana”.