Publicacións

Liga Galega de Bateis. Final de Finais

Imaxe
Datos da competición: Regata: Final de Finais da Liga Galega de Bateis Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 4 boias Lugar: Meira (Moaña) Data: 07/04/2024 Hora: 11:00h   No porto de Meira (Moaña) celebrouse a Final de Finais da Liga Galega de Bateis, na que participaban os dous primeiros clasificados de cada categoría, tanto da Zona Norte da Liga como da Zona Sur.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   As remeiras do equipo alevín feminino da A.D. Esteirana Remo conseguiron unha das prazas en competición ao quedar primeiras na clasificación final da Liga. Os equipos contra os que disputaron a final foron Bueu e Tirán da Zona Sur e Mugardos da Zona Norte.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   Remaron polo carreiro número 2 e finalizaron no 2º posto, por diante de Tirán e de Bueu, e a pouco máis de segundo e medio de Mugardos. Co

Calendario da Liga Galega de Traiñeiras 2024

Imaxe
A Asociación Liga Noroeste xa acordou e fixo público o calendario oficial da Liga Galega de Traiñeiras 2024, na que competirá na primeira categoría (Liga A) o C.R. Urme. Ao competir como un único club na Liga como C.R. Urme non nos foi posible organizar dúas regatas como se viña facendo habitualmente, unha o C.R. Muros en Muros e outra a A.D. Esteirana Remo en Esteiro. Por este motivo os dous clubs, xunto co Concello de Muros, decidimos continuar coa organización da Bandeira Concello de Muros, que este ano celebrará a XVII edición, e farase alternando a localización. Para evitar problemas coa organización esta temporada da XVII Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras en Esteiro, debido á instalación de cultivo de mexilón que fondearon ocupando o noso campo de regatas de traiñeras, acordamos co C.R. Muros e co concello que a regata desta temporada se celebre en Muros.  A pesar de que desde a Consellería do Mar se nos trasladou de xeito oficial á nosa Directiva que van cambiar a ubica

Liga Galega de Bateis. "V Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal"

Imaxe
Datos da competición: Regata: V Bandeira Concello da Pobra do Caramiñal Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 6 boias Lugar: Pobra do Caramiñal Data: 31/03/2024 Hora: 10:30h   Nesta xornada da Liga Galega de Bateis estaban inscritos os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo que compiten habitualmente na liga, alevín, infantil e cadete, así como o equipo xuvenil masculino do C.R. Urme.   Equipo cadete. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose   O equipo alevín feminino da Esteirana Remo participou na primeira quenda polo carreiro 1. Finalizaron no 5º posto final da categoría cun tempo de 02:44,66, a pouco máis de 7 segundos do equipo vencedor que foi Cabo da Cruz. O equipo infantil feminino tamén competiu pola boia 1, pero na segunda quenda da súa categoría. Marcaron un tempo de 06:58,26 e finalizaron na 13ª posición. En canto ao equipo c

Liga Galega de Bateis. "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia"

Imaxe
  Datos da competición: Regata: XVII Bandeira Santiago Sur Galicia Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : campo tradicional de 500m e 4 boias Lugar: Esteiro Data: 30/03/2024 Hora: 16:00h   Nesta ocasión as condicións meteorolóxicas déronnos un respiro e permitiron que se poidera celebrar a XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis que se tivera que suspender o pasado 10 de febreiro.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Déronse cita en Esteiro un total de 94 tripulacións de todas as categorías, o que significa que case 500 deportistas viñeron a remar a nosa regata. Na proba, pertencente á Liga Galega de Bateis, participaron os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo que habitualmente compiten na liga (alevín, infantil e cadete), xunto con un absoluto feminino e outro masculino.  Tamén participaron o equipo xuvenil, un sub'23 mixto e un absoluto do C.R. Ur