Liga Galega de Bateis. "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia"

 Datos da competición:

  • Regata: XVII Bandeira Santiago Sur Galicia
  • Competición: Liga Galega de Bateis 2024 
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: campo tradicional de 500m e 4 boias
  • Lugar: Esteiro
  • Data: 30/03/2024
  • Hora: 16:00h

Nesta ocasión as condicións meteorolóxicas déronnos un respiro e permitiron que se poidera celebrar a XVII Bandeira Santiago Sur Galicia de Bateis que se tivera que suspender o pasado 10 de febreiro.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Déronse cita en Esteiro un total de 94 tripulacións de todas as categorías, o que significa que case 500 deportistas viñeron a remar a nosa regata.

Na proba, pertencente á Liga Galega de Bateis, participaron os tres equipos femininos da A.D. Esteirana Remo que habitualmente compiten na liga (alevín, infantil e cadete), xunto con un absoluto feminino e outro masculino. 

Tamén participaron o equipo xuvenil, un sub'23 mixto e un absoluto do C.R. Urme.

Na categoría alevín feminina o equipo da Esteirana Remo rematou na segunda posición final cun tempo de 02:30,82. Competía pola boia 3 na primeira quenda.

As rapazas do equipo infantil competiron na terceira quenda polo carreiro 2. Finalizaron na décima posición final cun tempo de 06:12,72.

O equipo cadete feminino competiu na segunda quenda pola boia 1 e rematou na cuarta posición da categoría, cun tempo de 07:43,03.

As chicas do equipo absoluto participaron na única quenda que se disputou, e ían pola boia 2. Finalizaron na cuarta posición cun tempo de 11:19,67.

Na categoría xuvenil masculina participaba o equipo do C.R. Urme, que remou polo carreiro 3 na única tanda en disputa. Proclarmáronse vencedores da categoría cun tempo final de 9:22,51.

O equipo sub'23 de Urme participou como mixto nesa categoría, por un problema de última hora dun dos remeiros. Competíu tamén polo carreiro 3 e finalizou segundo cun tempo de 9:56,42.

Na tanda absoluta masculina participaba tanto un equipo da Esteirana Remo coma outro de Urme. Os dous participaron na segunda quenda, Esteirana polo carreiro 3 e Urme polo 1. Finalizou Urme na cuarta posición cun tempo de 9:42,71 e Esteirana na quinta cun tempo de 10:07,04.

Os vencedores finais das XVII Bandeira Santiago Sur Galicia foron o C.R. Cabo da Cruz en categoría feminina e o C.R. Puebla en masculina.

Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Aliñación dos equipos do C.R. Urme nesta regata.

Tempos completos da "XVII Bandeira Santiago Sur Galicia" (fonte @inforemobancofijo).

Puntuación final da XVII Bandeira Santiago Sur Galicia