Calendario da Liga Galega de Traiñeiras 2024

A Asociación Liga Noroeste xa acordou e fixo público o calendario oficial da Liga Galega de Traiñeiras 2024, na que competirá na primeira categoría (Liga A) o C.R. Urme.

Ao competir como un único club na Liga como C.R. Urme non nos foi posible organizar dúas regatas como se viña facendo habitualmente, unha o C.R. Muros en Muros e outra a A.D. Esteirana Remo en Esteiro. Por este motivo os dous clubs, xunto co Concello de Muros, decidimos continuar coa organización da Bandeira Concello de Muros, que este ano celebrará a XVII edición, e farase alternando a localización.

Para evitar problemas coa organización esta temporada da XVII Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras en Esteiro, debido á instalación de cultivo de mexilón que fondearon ocupando o noso campo de regatas de traiñeras, acordamos co C.R. Muros e co concello que a regata desta temporada se celebre en Muros. 

A pesar de que desde a Consellería do Mar se nos trasladou de xeito oficial á nosa Directiva que van cambiar a ubicación de dita instalación de produción de semente de mexilón, para non ocupar o noso campo de regatas de traiñeiras, non nos deron data exacta de cando se ía producir ese cambio de ubicación, polo que desde a Directiva acordamos co C.R. Muros e co concello que esta edición da Bandeira Concello de Muros se celebre este ano en Muros e o ano que ven será en Esteiro, e irase alternando o lugar de celebración ano a ano.

A XVII Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras celebrarase o sábado 17 de agosto de 2024 ás 17:00h. 

Calendario completo da LGT 2024:


Fonte: https://ligalgt.com/