Publicacións

"I Jaitsiera Urdaibai Basque Reserve" de traiñeiras

Imaxe
  Datos da competición: Regata: I Jaitsiera Urdaibai Basque Reserve Competición: pretemporada Modalidade: traiñeira Categorías: absoluta e veterana Tipo regata : contra o reloxo, 6.000m absolutos e 4.000m veteranos Lugar: Mundaka (Bizkaia) Data: 23/03/2024 Hora: 16:30h   O equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo viaxou esta fin de semana a Euskadi para participar na "I Jaitsiera Urdaibai Basque Reserve" de traiñeiras.      Participou cunha traiñeira cedida polo equipo local, o Mundakako Arraun Taldea, nunha proba de 4.000m contra o reloxo que trasncurría polo río e remataba na desembocadura en mar aberto na localidade bizkaina. A aliñación da traiñeira da A.D. Esteirana Remo nesta regata foi: Perre (proeiro) (B6) Marta - Txelo (E6) (B5) Marinela - Carmiña (E5) (B4) David - Franche (E4) (B3) Recho - Boubeta (E3) (B2) Uxío - Calde (E2) (B1) Otero - Óscar (E1) Alcira (patroa) A Esteirana Remo partía de 5ª na lista de saída e finalizou na 4ª posición final cun te

Liga Galega de Bateis. "IX Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme"

Imaxe
Datos da competición: Regata: IX Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme Competición: Liga Galega de Bateis 2024  Modalidade: bateis Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta Tipo regata : contra o reloxo Lugar: Rianxo Data: 23/03/2024 Hora: 16:00h   A A.D. Esteirana Remo participou nesta regata cos equipos alevín, infantil, alevín e cadete femininos.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Pola súa parte o C.R. Urme participaba co equipo xuvenil masculino.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose A regata tivo que celebrarse na modalidade de contra o reloxo debido as condicións do vento, e organizouse na praia de Tanxil que estaba máis ao abrigo do vento, en lugar de no seu lugar habitual, no porto de Rianxo. O equipo alevín feminino da Esteirana Remo saíu de primeiro na contra reloxo ao ocupar esta posición na liga. Conseguíu proclamarse vencedor unha xornada máis, cun tempo final de 02:34,84. Pola súa banda o equipo in

Liga Galega de Bateis. "VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro"

Imaxe
Nova xornada da Liga Galega de Bateis, desta vez en Cabo da Cruz, onde se celebrou esta mañá a VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Ata a localidade do Barbanza viaxaron os tres equipos femininos das nosas categorías inferiores (alevín, infantil e cadete).   O equipo alevín non se conformou co segundo posto obtido na xornada anterior e nesta regata volveron a mostrar o seu potencial e conseguiron a primeira praza da categoría, cun tempo final de 2:49,97. Competiron pola rúa 3 na primeira das dúas quendas que se disputaron.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Con este resultado continúan no primeiro posto na clasificación xeral da liga, incrementando a distancia co segundo clasificado. O equipo infantil remou na segunda quenda pola boia 2. Finalizaron na décimo segunda posición xeral da categoría cun tempo de 6:24,60.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Pola súa parte o equipo cadete feminino fixo novamente unha b

Liga Galega de Bateis. "II Bandeira Concello de Viveiro"

Imaxe
Esta tarde no porto lucense de Celeiro celebrouse a II Bandeira Concello de Viveiro de Bateis, pertencente á Liga Galega de Bateis. É unha das viaxes máis longas das que fan as nosas deportistas das categorías inferiores que participan nesta liga (alevíns, infantiles e cadetes femininas), polo que xa viaxaron pola mañá e fixeron unha comida conxunta dos tres equipos en Celeiro. Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose No que a competición se refire, as alevíns participaron na primeira quenda pola boia 1, e finalizaron na segunda posición cun tempo final de 2:51,64, a menos de 4 segundos das primeiras clasificadas que foron as rapazas do C.R. Ares que remaron na segunda quenda pola rúa 5.   A pesar desta segunda posición na regata de hoxe, o noso equipo alevín feminino segue mantendo a primeira posición na clasificación xeral da Liga Galega de Bateis.   O equipo infantil feminino participou na segunda quenda pola rúa 2 e rematou na décimo segunda posición xeral cun tempo de 6:23,25.

O C.R. Urme competirá na Liga Galega de Traiñeras A 2024

Imaxe
Logo de que se pechara o prazo de inscrición definitivo, a Asociación Liga Noroeste (ALN), asociación formada polos clubes participantes na Liga Galega de Traiñeiras (LGT), anunciou a composición da LGT "A", LGT "B" e LGT Feminina. O proxecto deportivo conxunto da A.D. Esteirana Remo e do C.R. Muros, o C.R. URME (Unión de Remeiros de Muros e Esteirana), queda encadrado na LGT "A", que é a primeira división da categoría raíña do remo en banco fixo en Galicia, as traiñeiras. Fonte: https://ligalgt.com Logo do anuncio da ALN, a Liga Galega de Traiñeiras 2024 queda configurada do seguinte xeito:   EQUIPOS DA LGT "A" 2024 1. SD Samertolameu 2. CR Ares 3. SD Tirán-Pereira 4. CM Castropol 5. CR Chapela-Wofco 6. CR Cabo da Cruz 7. CR Rianxo 8. CR Mecos 9. CCD Cesantes-Rodavigo 10. CR Narón 11. Mugardos-A Cabana 12. CR Urme   EQUIPOS DA LGT "B" 2024   1. CR Chapela-Wofco B 2. CRN Riveira 3. CR Salgado-Perillo 4. CM Bueu-Simei 5.

Liga Galega de Bateis. "I Bandeira Mecalsa"

Imaxe
Logo das malas condicións meteorolóxicas do día de onte que obrigaron a suspender a regata que se debía ter disputado en A Cabana (Ferrol), hoxe o tempo comportouse relativamente ben e permitiu que se organizara a I Bandeira Mecalsa na Pobra do Caramiñal.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose Asistimos a esta competición da Zona Norte da Liga Galega de Bateis coas tripulacións femininas das categorías inferiores (alevín, infantil e cadete) e co equipo xuvenil masculino do C.R. Urme.   O equipo alevín feminino participou na primeira das quendas da categoría pola boia 5. Finalizaron en primeira posición cun tempo de 02:35,29 o que lles permite seguir na primeira posición da liga na súa categoría, ampliando un pouco máis a distancia co segundo clasificado.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose As rapazas do equipo infantil participaron na terceira tanda pola rúa 2. Finalizaron na novena posición final cun tempo de 06:38,19.   Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose