Liga Galega de Bateis. "VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro"

Nova xornada da Liga Galega de Bateis, desta vez en Cabo da Cruz, onde se celebrou esta mañá a VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Ata a localidade do Barbanza viaxaron os tres equipos femininos das nosas categorías inferiores (alevín, infantil e cadete).

O equipo alevín non se conformou co segundo posto obtido na xornada anterior e nesta regata volveron a mostrar o seu potencial e conseguiron a primeira praza da categoría, cun tempo final de 2:49,97. Competiron pola rúa 3 na primeira das dúas quendas que se disputaron.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Con este resultado continúan no primeiro posto na clasificación xeral da liga, incrementando a distancia co segundo clasificado.

O equipo infantil remou na segunda quenda pola boia 2. Finalizaron na décimo segunda posición xeral da categoría cun tempo de 6:24,60.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Pola súa parte o equipo cadete feminino fixo novamente unha boa regata, na que conseguiron a quinta plaza final da categoría cun tempo de 8:12,59. Competiron na segunda quenda das tres que se disputaron, pola boia 4.

Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Tempos completos da "VII Bandeira de Bateis Concello de Boiro" (fonte @inforemobancofijo).

Clasificación xeral da Liga Galega de Bateis despois desta xornada.

O vindeiro fin de semana volve haber doble xornada da Liga Galega de Bateis. O sábado a cita será en Rianxo e o domingo en Ribeira. 