Liga Galega de Bateis. "II Bandeira Concello de Viveiro"
Esta tarde no porto lucense de Celeiro celebrouse a II Bandeira Concello de Viveiro de Bateis, pertencente á Liga Galega de Bateis.
É unha das viaxes máis longas das que fan as nosas deportistas das categorías inferiores que participan nesta liga (alevíns, infantiles e cadetes femininas), polo que xa viaxaron pola mañá e fixeron unha comida conxunta dos tres equipos en Celeiro.
![]() |
Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose |
No que a competición se refire, as alevíns participaron na primeira quenda pola boia 1, e finalizaron na segunda posición cun tempo final de 2:51,64, a menos de 4 segundos das primeiras clasificadas que foron as rapazas do C.R. Ares que remaron na segunda quenda pola rúa 5.
A pesar desta segunda posición na regata de hoxe, o noso equipo alevín feminino segue mantendo a primeira posición na clasificación xeral da Liga Galega de Bateis.
O equipo infantil feminino participou na segunda quenda pola rúa 2 e rematou na décimo segunda posición xeral cun tempo de 6:23,25.
Pola súa parte as cadetes fixeron tamén un bo papel. Competiron na primeira quenda pola boia 3 e finalizaron na cuarta posición xeral da categoría cun tempo de 8:06,81.
Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.
Tempos completos da "II Bandeira Concello de Viveiro" (fonte @inforemobancofijo).