Liga Galega de Bateis. "I Bandeira Mecalsa"

Logo das malas condicións meteorolóxicas do día de onte que obrigaron a suspender a regata que se debía ter disputado en A Cabana (Ferrol), hoxe o tempo comportouse relativamente ben e permitiu que se organizara a I Bandeira Mecalsa na Pobra do Caramiñal.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Asistimos a esta competición da Zona Norte da Liga Galega de Bateis coas tripulacións femininas das categorías inferiores (alevín, infantil e cadete) e co equipo xuvenil masculino do C.R. Urme.

O equipo alevín feminino participou na primeira das quendas da categoría pola boia 5. Finalizaron en primeira posición cun tempo de 02:35,29 o que lles permite seguir na primeira posición da liga na súa categoría, ampliando un pouco máis a distancia co segundo clasificado.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

As rapazas do equipo infantil participaron na terceira tanda pola rúa 2. Finalizaron na novena posición final cun tempo de 06:38,19.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

En canto á categoría cadete feminina, o noso equipo remou polo carreiro 2 na segunda das quendas. Finalizaron cun tempo de 08:12,51 na sexta posición.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

No apartado masculino, o equipo xuvenil do C.R. Urme fixo tamén un bo papel, ocupando a terceira praza na categoría cun tempo de 09:05,95. Competiron pola boia 4 na única quenda que houbo.

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

A próxima regata da Zona Norte da Liga Galega de Bateis será o vindeiro sábado na localidade lucense de Celeiro.

Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Aliñación do equipo do C.R. Urme nesta regata.

Tempos completos da "I Bandeira Mecalsa" (fonte @inforemobancofijo).