Liga Galega de Bateis. "IX Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme"

Datos da competición:

  • Regata: IX Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme
  • Competición: Liga Galega de Bateis 2024 
  • Modalidade: bateis
  • Categorías: alevín, infantil, cadete, xuvenil, sub'23 e absoluta
  • Tipo regata: contra o reloxo
  • Lugar: Rianxo
  • Data: 23/03/2024
  • Hora: 16:00h

 

A A.D. Esteirana Remo participou nesta regata cos equipos alevín, infantil, alevín e cadete femininos.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Pola súa parte o C.R. Urme participaba co equipo xuvenil masculino.

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

A regata tivo que celebrarse na modalidade de contra o reloxo debido as condicións do vento, e organizouse na praia de Tanxil que estaba máis ao abrigo do vento, en lugar de no seu lugar habitual, no porto de Rianxo.

O equipo alevín feminino da Esteirana Remo saíu de primeiro na contra reloxo ao ocupar esta posición na liga. Conseguíu proclamarse vencedor unha xornada máis, cun tempo final de 02:34,84.

Pola súa banda o equipo infantil feminino saíu na posición número 10 na orde de saída da proba, e finalizou no posto 12º cun tempo final de 06:38,18.

As integrantes do equipo cade partían desde a 4ª posición na orde de saída, e remataron a regata na posición 9ª cun tempo final de 08:37,94.

O equipo xuvenil do C.R. Urme saía na posición número 4 da orde de saída e finalizou a regata cun tempo de 09:19,65.

Aliñación dos equipos da A.D. Esteirana Remo nesta regata.

Aliñación dos equipos do C.R. Urme nesta regata.

Tempos completos da "IX Bandeira de Bateis Confraría de Pescadores Virxe do Carme" (fonte @inforemobancofijo).

 

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose

Fonte https://www.facebook.com/moitoremojose