O equipo veterano mixto acada o 3º posto na "Arraunlari Beteranoen III. Topaketa" en Mundaka

Este fin de semana o equipo veterano mixto da A.D. Esteirana Remo viaxou ao País Vasco a participar no " III Encontro de Remeiros Veteranos " que se celebrou na localidade de Mundaka (Bizkaia) o sábado 22 de outubro. O evento foi unha mestura de competición e acto cultural e festivo no que se celebraron dúas regatas (unha contrarreloxo e outra na modalidade de 'sprint'), demostracións e competicións de outros deportes tradicionais vascos, comida e cea conxuntas dos equipos participantes e ata un concerto. No encontro participaron un total de quince equipos, dos cales once eran vascos, un alicantino, outro catalán e dous galegos (a S.D. Tirán e a A.D. Esteirana Remo). A regata da mañá celebrouse na modalidade de contrarreloxo e o equipo mixto da A.D. Esteirana Remo, como se pode ver na seguinte táboa clasificatoria, rematou no 3º posto. Posto Orde saída Equipo Tempo final Diferencia co 1º Diferencia co anterior ...