Esteiro acolle este vindeiro sábado a "XVI Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras" pertencente á Liga "B"

Este sábado, 22 de xullo, a A.D. Esteirana Remo organiza a "XVI Bandeira Concello de Muros de Traiñeiras" pertencente á Liga Galega de Traiñeiras "B".

O noso equipo sénior Muros-Esteirana defenderá a primeira posición que ocupa na clasificación xeral da liga "B".

Esperámosvos a todos no porto de Esteiro ás 18:00h para animar ós nosos remeiros.