A traiñeira do C.R. URME (Muros-Esteirana) compite no Grove na primeira cita da pretemporada

Esta mañá celebrouse la localidade pontevedresa de O Grove a primeira regata de traiñeiras da pretemporada 2024, o IX Memorial Miguel Ángel Fernández Lores "Lagar".


Como é habitual nas probas de pretemporada a regata foi en modalidade de contra o reloxo.


A traiñeira absoluta do Club de Remo URME (Unión de Remeiros de Muros e Esteirana), traiñeira que competiu a temporada pasada por vez primeira e que o fixo co nome de Muros-Esteirana, acudiu á xa clásica cita do mes de decembro.

 


 

 

As condicións meteorolóxicas complicáronlle un pouco o traballo dos remeiros debido ao vento racheado que había e que, ao disputarse a regata nun campo triangular, en cada longo afectáballe ás embarcacións por costados distintos.

 

O equipo que competiu na traiñeira do C.R. URME (Muros-Esteirana) foi o seguinte:

 

Anxo (Proeiro)

(B6)Simón - Xián(E6)

(B5)Beni - Adrián(E5)

(B4)Mateo - Javi(E4)

(B3)Leo - Jonathan(E3)

(B2)Luis - Xandre(E2)

(B1)Lijó - Gabri(E1)

Adriana (Patroa)

 

 

Remataron a regata na 9ª posición, cun tempo de 24:03:36.


Ver a clasificación final desta regata (fonte @inforemobancofijo).