10º posto do C.R. URME no XXXVIII Trofeo Teresa Herrera de traiñeiras, e 9º posto na clasificación final da LGT "A"

Datos da competición:

  • Regata: XXXVIII Trofeo Teresa Herrera de traiñeiras
  • Competición: Liga Galega de Traiñeiras 2024 "A" (xornada do sábado)
  • Modalidade: traiñeiras
  • Categorías: absoluta masculina
  • Tipo regata: sábado contra reloxo clasificatoria, domingo final dos 10 mellores tempos do sábado
  • Lugar: A Coruña
  • Data: 24/08/2024 e 25/08/2024
  • Hora: 18:30h o sábado e 12:00h o domingo


Fonte: https://www.ligalgt.com

Derradeiro fin de semana de competición da Liga Galega de Traiñeiras 2024, coa disputa do XXXVIII Trofeo Teresa Herrera, que se disputou a doble xornada, cunha contra reloxo o sábado 24 de agosto que seleccionaba os 10 mellores tempos para disputar a final do domingo 25.

Só a xornada do sábado era puntuable para a LGT, e nesta xornada o C.R. URME competíu coa seguinte tripulación.


Fonte: https://www.ligalgt.com


A orde de saída que lle tocou a Urme na contra reloxo foi o 7º lugar, e finalizou a proba cun tempo de 22:36,86 no 8º posto, conseguindo así clasificarse para a final do domingo.


TEMPOS DA CLASIFICATORIA DO "XXXVIII Trofeo Teresa Herrera"

 

Fonte: https://www.ligalgt.com



Na xornada final do domingo o C.R. Urme competíu na primeira quenda pola boia 3, coa seguinte tripulación.


Fonte: https://www.ligalgt.com


Na segunda das ceavogas deixaron a boia por estribor, o que lles obligou a rectificar, coa conseguinte pérdida de tempo, que xa os deixaba totalmente fóra de regata e os relegaba á 10ª posición da xeral cun tempo de 24:59,77.


TEMPOS DA FINAL DO "XXXVIII Trofeo Teresa Herrera"

 

Fonte: https://www.ligalgt.com

 

Fonte: https://www.ligalgt.com

 

Con esta competición remata a Liga Galega de Traiñeiras 2024, onde o C.R. URME conseguíu sen moitos apuros o obxectivo da permanencia na Liga A, finalizando no 9º posto da clasificación xeral da Liga.