Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

Maite Figueroa participa no "I Stage de Tecnificación" da Federación Galega de Remo

Imaxe
A Federación Galega de Remo organizou no día de onte un "STAGE DE CAPTACIÓN DE TALENTOS PARA A SELECCIÓN GALEGA 2025". Neste evento, limitado a 12 remeiras e outros 12 remeiros, podíanse inscribir deportistas nados entre os anos 2007 e 2010. A A.D. Esteirana Remo inscribiu no evento a Maite Figueroa, unha das remeiras das categorías de formación do club, que o ano que ven pasa a ser xuvenil.   Maite entrenando no foso do noso club O evento organizábase no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, desde as 09:00h ata as 19:00 horas. No seguinte vídeo vese parte do traballo realizado durante o día de onte, neste caso nun W8+, no que Maite remaba na posición nº 5.   Un día cheo de actividades e de formación xunto con deportistas de outros clubs, do que seguro se empapou para ser unha mellor versión de ela mesma.

Acordo para a continuidade do proxecto C.R. Urme no 2025

Imaxe
As Directivas do C.R. Muros, C.R. Urme e a A.D. Esteirana Remo reuníronse o pasado domingo día 6 nas instalacións do C.R. Muros para certificar a continuidade do proxecto do C.R. Urme na temporada 2025.   Fonte: https://www.ligalgt.com   Na reunión acabáronse de definir aspectos de funcionamento do C.R. Urme que as tres Directivas entenden que se poden mellorar, aínda que se seguirá funcionando coa mesme filosofía de base coa que se iniciou o proxecto. Tamén se ratificou de xeito oficial darlle continuidade ao responsable deportivo do proxecto, Benigno Fábregas, co que de xeito extraoficial xa existía un preacordo. Desde a A.D. Esteirana Remo traballaremos para que todos os equipos, tanto da Esteirana coma de Urme, poidan conseguir os máximos éxitos no 2025.