Maite Figueroa participa no "I Stage de Tecnificación" da Federación Galega de Remo
A Federación Galega de Remo organizou no día de onte un "STAGE DE CAPTACIÓN DE TALENTOS PARA A SELECCIÓN GALEGA 2025".
Neste evento, limitado a 12 remeiras e outros 12 remeiros, podíanse inscribir deportistas nados entre os anos 2007 e 2010.
A A.D. Esteirana Remo inscribiu no evento a Maite Figueroa, unha das remeiras das categorías de formación do club, que o ano que ven pasa a ser xuvenil.
![]() |
Maite entrenando no foso do noso club |
O evento organizábase no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, desde as 09:00h ata as 19:00 horas.
No seguinte vídeo vese parte do traballo realizado durante o día de onte, neste caso nun W8+, no que Maite remaba na posición nº 5.
Un día cheo de actividades e de formación xunto con deportistas de outros clubs, do que seguro se empapou para ser unha mellor versión de ela mesma.