Convocatoria de Asamblea Xeral Ordinaria
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
De acordo co que dispoñen os Estatutos da Asociación Deportiva Esteirana Remo procédese a convocar a todas as socias e socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará nas instalacións da entidade, en Agrocovo - Ribeira de Creo s/n, Esteiro, o vindeiro domingo 26 de xaneiro ás 11:30h en primeira convocatoria e as 12:00h en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA DA ASAMBLEA:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Resumo actividade deportiva da temporada 2024.
3. Balance contable da temporada 2024.
4. Proxecto deportivo para a temporada 2025.
5. Orzamento temporada 2025.
6. Proxecto de colaboración co C.R. Muros.
7. Rogos e preguntas.
En Esteiro a 11 de xaneiro de 2025.
A PRESIDENTA