Campionato Galego Xunta de Galicia Remo Indoor 2025. Carmiña Caamaño, Campiona Galega en categoría veterana feminina por segundo ano consecutivo

No día de hoxe organizouse no Complexo Polidepotivo de A Cachada, Boiro, o Campionato Galego Xunta de Galicia Remo Indoor 2025.


Carmiña Caamaño coa medalla de Campiona Galega, xunto con outras compañeiras da A.D. Esteirana Rermo


A programación do Campionato estaba confeccionada para que durante a mañá se realizaran as probas individuais, mentras que as probas por equipos estaban reservadas para a tarde.

O número de participantes no Campionato foi moi alto, cun total de 880 inscricións entre individuais e por equipos. A A.D. Esteirana Remo participou cun total de 30 inscricións sumando as individuais e por equipos. O cadro de participación conformábano un total de 27 clubs de toda Galicia.


A nivel de resultados debemos destacar o título de Campiona Galega en categoría individual veterana feminina obtido pola Presidenta da nosa entidade, Carmiña Caamaño. Deste xeito consegue revalidar o título obtido o ano pasado en Ribadeo. Tempos completos da categoría veterana feminina.

Aparte da categoría veterana feminina, participamos nas seguintes categorías:

  • Alevín feminina individual (tempos completos):
    • Maya Reyes, 36º posto.
  • Alevín masculina individual (tempos completos):
    • Asier Galindo, 52º posto.
  • Infantil feminina individual (tempos completos):
    • Mara Caamaño, 12º posto.
    • Nahia Romero, 13º posto.
    • Lara Mayo, 15º posto.
    • Mara Castro, 35º posto.
    • María Núñez, 41º posto.
    • Daniela Troncoso, 60º posto.
  • Xuvenil feminina individual (tempos completos):
    • Maite Figueroa, 11º posto.
    • Ainé de Souza, 21º posto.
  • Absoluta feminina individual (tempos completos):
    • Uxía Saborido, 4º posto.
  • Infantil feminina equipos (tempos completos):
    • Equipo 1 (Nahia Romero, Lara Mayo, Mara Castro e Mara Caamaño), 4º posto.
    • Equipo 2 (Erea Fuentes, Daniela Troncoso, Paula Carou e Irene Teijo), 12º posto.
  • Xuvenil feminina equipos (tempos completos):
    • Lucía Díaz, Maite Figueroa, María Cao e Ainé de Souza, 7º posto.
  • Absoluta feminina equipos (tempos completos):
    • Andrea Pais, Alcira Romero, Uxía Saborido e Lara Figueroa, 6º posto.

Con estes resultados, a A.D. Esteirana Remo conseguía o 11º posto na clasificación xeral do medalleiro deste Campionato (medalleiro completo).