XXXIX Trofeo 16ª Bandeira de Traiñeiras Teresa Herrera. 7º posto para o C.R. Urme

Datos da competición:

  • Regata: XXXIX Trofeo 16ª Bandeira de Traiñeiras Teresa Herrera
  • Competición: Teresa Herrera
  • Modalidade: traiñeiras
  • Categorías: absoluta masculina
  • Tipo regata: contra reloxo por parellas debido ás condicións meteorolóxicas
  • Lugar: A Coruña
  • Data: 30/08/2025
  • Hora: 17:30h

 

Equipo do C.R. Urme antes de participar na Bandeira Concello de Muros 2025 en Esteiro
Fonte: https://www.ligalgt.com

 

A organización do Teresa Herrera 2025 decidíu que esta edición se celebrara a unha soa xornada o sábado, debido á predición meteorolóxica que había para o domingo. Deste xeito, en lugar de celebrarse o sábado eliminatorias e o domingo finais como é habitual, trasladaron toda a competición para o sábado, e en lugar de realizarse en liña celebrouse en modalidade de contra reloxo por parellas, polos carreios 1 e 3, e en orde descendente según a clasificación da Liga Galega de Traiñeiras.

 

O C.R. Urme participou nesta regata coa seguinte tripulación:

 


Competiu polo carreiro 1 á par de Bueu, que ía polo carreiro 3. Finalizou a regata cun tempo de 24:21,28 co que conseguiu o 7º posto na clasificación xeral da regata.